Geobacillus stearothermophilus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bacillus stearothermophilus»)

Geobacillus stearothermophilus
Clasificación científica
Reino: Bacteria
Filo: Firmicutes
Clase: Bacilli
Orde: Bacillales
Familia: Bacillaceae
Xénero: Geobacillus
Especie: G. stearothermophilus
Nome binomial
Geobacillus stearothermophilus

Geobacillus stearothermophilus (basónimo Bacillus stearothermophilus)[1][2] é unha bacteria de forma bacilar grampositiva clasificada na división Firmicutes. É un organismo termófilo e está amplamente distribuído no solo, fontes termais e sedimentos oceánicos, e causa que se estraguen moitos alimentos. Crece nun intervalo de temperaturas entre 30 e 75 graos Celsius. Algunhas cepas poden oxidar o monóxido de carbono aerobicamente. Utilízase comunmente como un organismo de proba para os estudos de validación da esterilización e as comprobación periódicas dos ciclos de esterilización. O indicador biolóxico contén esporas do organismo sobre un papel de filtro dentro dun vial. Despois de esterilizar, péchase a tapa, rómpese unha ampola co medio de crecemento dentro do vial e incúbase todo o vial. Un cambio de cor ou de turbidez indica os resultados do proceso de esterilización; se non hai ningún cambio iso indica que as condicións de esterilización son as axeitadas, noutros casos o crecemento das esporas indica que o proceso de esterilización non foi exitoso. Recentemente está utilizándose unha cepa etiquetada fluorescentemente chamada Rapid Readout(tm), para verificar a esterilización, xa que aparece unha cor azul fluorescente visible nunha décima parte do tempo que se necesita para o cambio de car dun indicador de pH e un sensor de luz barato pode detectar as colonias en crecemento.

Os indicadores biolóxicos utilízanse xunto con indicadores químicos e indicadores de procesos para validar os proceos de esterilización.

O organismo foi descrito por primeira vez en 1920 co nome Bacillus stearothermophilus,[3] pero, xunto con Bacillus thermoglucosidasius, foi reclasificado e pasado ao xénero Geobacillus en 2001.[4]

Polimerase[editar | editar a fonte]

Recentemente, unha ADN polimerase derivada destas bacterias, a polimerase Bst, está a ter importantes aplicacións en bioloxía molecular.

A polimerase Bst ten unha actividade similar á dunha helicase, que lle permite desenrolar febras de ADN. A súa temperatura funcional óptima está entre 60 e 65 °C e desnaturalízase a temperaturas por riba de 70 °C. Estas características fana útil na amplificación isotérmica mediada por bucle (ou LAMP, do inglés loop-mediated isothermal amplification).[5] A LAMP é similar á reacción en cadea da polimerase (PCR), pero non precisa o paso a altas temperaturas (96 °C) necesario para desnaturalizar o ADN.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Coorevits, A; Dinsdale, AE; Halket, G; Lebbe, L; De Vos, P; Van Landschoot, A; Logan, NA (July 2012). "Taxonomic revision of the genus Geobacillus: emendation of Geobacillus, G. stearothermophilus, G. jurassicus, G. toebii, G. thermodenitrificans and G. thermoglucosidans (nom. corrig., formerly 'thermoglucosidasius'); transfer of Bacillus thermantarcticus to the genus as G. thermantarcticus comb. nov.; proposal of Caldibacillus debilis gen. nov., comb. nov.; transfer of G. tepidamans to Anoxybacillus as A. tepidamans comb. nov.; and proposal of Anoxybacillus caldiproteolyticus sp. nov.". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 62 (Pt 7): 1470–85. PMID 21856988. doi:10.1099/ijs.0.030346-0. 
  2. "Notification that new names and new combinations have appeared in volume 50, part 2, of the IJSEM" (PDF). International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 51 (3): 795–6. 2001. PMID 11411700. doi:10.1099/00207713-51-3-795. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de marzo de 2009. Consultado o 09 de marzo de 2019. 
  3. DONK P.J.: A highly resistant thermophilic organism" Journal of Bacteriology 1920; 5, 373-374.
  4. T. N. Nazina; T. P. Tourova; A. B. Poltaraus; E. V. Novikova; A. A. Grigoryan; A. E. Ivanova; A. M. Lysenko; V. V. Petrunyaka; G. A. Osipov; S. S. Belyaev & M. V. Ivanov (2001). "Taxonomic study of aerobic thermophilic bacilli: descriptions of Geobacillus subterraneus gen. nov., sp. nov. and Geobacillus uzenensis sp. nov. from petroleum reservoirs and transfer of Bacillus stearothermophilus, Bacillus thermocatenulatus, Bacillus thermoleovorans, Bacillus kaustophilus, Bacillus thermodenitrificans to Geobacillus as the new combinations G. stearothermophilus, G. th.". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 51: 433–446. PMID 11321089. doi:10.1099/00207713-51-2-433. 
  5. Mori Y, Hirano T, Notomi T (2006). "Sequence specific visual detection of LAMP reactions by addition of cationic polymers". BMC Biotechnol. 6: 3. PMC 1373654. PMID 16401354. doi:10.1186/1472-6750-6-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]