Baba Iagá
Baba Iagá (en rusa Баба Яга, [ˈbabə jəˈɡa]) é un personaxe do folclore e a mitoloxía eslava, especialmente rusa.
Características
[editar | editar a fonte]É unha muller vella coa pel engurrada, co nariz azul, os dentes de aceiro e cunha perna normal e outra de óso (motivo polo cal ás veces é chamada "Baba Iagá Pata de Óso"). Esas dúas pernas representan o mundo dos vivos e o mundo dos mortos, entre os que deambula. Baba Iagá é un ser perverso e cruel, pero non totalmente malvado. Os seus dentes permítenlle romper ósos e desgarrar a carne con facilidade, consumindo a diario grandes cantidades de carne, de persoa, xeralmente de meniños. A pesar diso, mantén un aspecto delgado, cos ósos moi marcados.
Voa montada nun morteiro metálico (ás veces nunha ola), e rema no aire cunha vasoira prateada. Vive nunha casoupa levantada sobre dúas enormes patas de galiña (idea que podería derivar das cabañas de certos pobos finoúgricos, que as construían así para protexerse dos animais), coa que se desprazar por toda Rusia. O valado da casoupa está adornado con cranios, que conteñen candeas no seu interior. Para entrar na casa, Baba Iagá di un conxuro. O interior da casoupa está cheo de carne e viño. Baba Iagá non permite que as persoas boas permanezan na súa propiedade.
A súa vivenda está protexida polos seus servintes invisibles, que aparecen como mans espectrais. Baba Iagá tamén ten ao seu servizo aos cabaleiros branco, vermello e negro, que controlan respectivamente o día, o solpor e a noite.
Cultura
[editar | editar a fonte]A figura de Baba Iagá probablemente deriva da "Meiga", o terceiro membro da Deusa Tripartita (Virxe, Nai e Meiga), símbolo das tres idades da muller.
Baba Iagá apareceu en diferentes historias do folclore ruso. Nalgunhas axuda á xente que a serve. Noutras dise que garda as Augas da Vida e da Morte", pois é a "Dama Branca da Morte e do Renacemento". Noutras dise que ten dúas irmás chamadas coma ela e co seu mesmo aspecto. Cóntase que envellece un ano cada vez que lle fan unha pregunta, e que para rexuvenecer bebe un té feito coas estrañas rosas azuis, polo cal recompensa enormemente ás persoas que lle traen algunha desas rosas.
Baba Iagá aparece en numerosas ocasións nas historias dos autores de contos de fadas rusos modernos, e desde a década de 1990 na "Fantasia rusa". Baba Iagá coñece a Andréi Belanin no seu ciclo Царь Горох ("A Axencia de detectives do Tsar Goroj)". A súa infancia e mocidade foron descritas por vez primeira no conto Lukomorie ("A baía"), de A. Aliverdíev.
Aparece tamén en historias non eslavas. No cómic Hellboy, de Mike Mignola, é o personaxe antagonista nunha das historias. En Fábulas, de Bill Willingham, é aliada do Adversario. Noutra obra, toma a forma de Carapuchiña Vermella para introducirse como espía.
En 1973 Corrado Farina dirixiu a película Baba Yaga, de produción franco-italiana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "La bruja Baba-Yaga", de Alekandr Nikoalevich Afanasiev (en castelán).