O British Aerospace ATP (Advanced Turbo-Prop) é un avión de pasaxeiros producido por British Aerospace. Foi introducido nos anos 80 como unha evolución do Hawker Siddeley HS 748. O aumento do prezo do combustible e as preocupacións sobre os ruídos dos avións fixeron que dende British Aerospace se pensase que había un bo mercado para turbohélices de curto alcance pouco ruidosos e cun consumo eficiente. Porén, no momento do seu lanzamento ese segmento xa estaba ben representado con modelos como os de Havilland Canada Dash 8, ATR 42 e ATR 72 e a súa produción rematou despois de fabricar tan só 67 aparellos.[1]