Ayanda Denge
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1982 Porto Elizabeth, Suráfrica |
Morte | 24 de marzo de 2019 (36/37 anos) Cidade do Cabo, Suráfrica |
Causa da morte | homicidio |
Sex Workers Education & Advocacy Taskforce (en) | |
Asijiki Coalition for the Decriminalisation of Sex Work (en) | |
Women's Legal Centre Trust v President of the Republic of South Africa (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suráfrica |
Actividade | |
Ocupación | traballador sexual |
Lingua | Lingua inglesa |
Ayanda Denge, finada o 24 de marzo de 2019, foi unha muller trans surafricana e sobrevivente de tráfico de sexual. Foi unha defensora das persoas transxénero, as superviventes de tráfico sexual, e da abolición da prostitución.[1] Foi a presidenta da Sex Workers Education and Advocacy Taskforce (SWEAT, en galego Grupo de Traballo de Educación e Defensa das Traballadoras Sexuais). Denge dixo que, "ser transxénero é unha tripla dose de estigmización e discriminación".[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Denge proviña do pobo Xosa, e medrou na cidade de Porto Elizabeth, no Cabo Oriental.[3]
Denge empezou a traballar en Xohanesburgo, e máis tarde viaxou a outras cidades surafricanas como Harare, Durban, Cidade de Cabo, Porto Elizabeth, e Cataratas Victoria.[3] Foi traballadora sexual durante máis de 15 anos.
Denge traballou como coordinadora para o Sisonke Sex Worker Movement (Sisonke, en galego Movemento de Traballadoras Sexuais de Sisonke) durante dous anos.[3] Denge foi a presidenta da Sex Workers Education and Advocacy Taskforce (SWEAT, en galego Grupo de Traballo de Educación e Defensa das Traballadoras Sexuais).[3] Foi defensora das persoas transxénero, das traballadoras sexuais, e da despenalización do traballo sexual.[2] No seu traballo con SWEAT, Denge capacitou a 50 educadores de pares, e traballou como oradora motivacional sobre "concienciación sobre o cancro, concienciación sobre a SIDA, e cuestións de defensa dos dereitos humanos relacionados co traballo sexual".[3]
Denge falou no lanzamento en agosto de 2015 en Cidade do Cabo da Coalición Asijiki para a Despenalización do Traballo Sexual.[4] A organización inclúe traballadoras sexuais, activistas, e defensores dos dereitos humanos. O Comité directivo está formado por Sisonke Sex Worker Movement (Sisonke), o Women's Legal Centre (WLC), a Sex Worker Education and Advocacy Taskforce (SWEAT) e Sonke Gender Justice.[4]
Denge foi entrevistada polo Daily Vox mentres participaba na Conferencia Internacional sobre a SIDA en 2016 en Durban, "Ser transxénero non é unha dose dobre, é máis unha dose tripla de estigmatización e discriminación."[2]
Foi atopada asasinada en marzo de 2019 nunha casa ocupada polo movemento Reclaim the City, onde vivía en Cidade do Cabo.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Housing activist killed in occupied Cape Town building". 26 de marzo de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Transgendered sex workers face a triple threat of stigma". 21 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2017. Consultado o 08 de marzo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Ayanda Denge – Chairman of the Board". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 08 de marzo de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 "Coalition launched to decriminalise sex work".
- ↑ "Housing activist killed in occupied Cape Town building".