Avelino Sierra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAvelino Sierra
Biografía
Nacemento15 de abril de 1944 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
A Merca, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático , escritor , político , investigador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Avelino Sierra Fernández, nado na Merca o 15 de abril de 1944, é un profesor, escritor e investigador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Réplica da Pinta en Baiona.

Logo de exercer a docencia en varios centros de Galicia e Asturias, en 1974 foi destinado ao colexio público de Sabarís (Baiona), do que foi director. Despois deu clase no IES Primeiro de Marzo de Baiona.

Estatua de Afonso VIII de León, por Oliveira. Baiona foi potenciada por Afonso mediante a concesión dun foro.[1]

Foi concelleiro en Baiona en varias lexislaturas, e formou parte do goberno municipal. No marco do V centenario da chegada de Cristovo Colón a América, promoveu a construción da réplica da carabela Pinta. No marco do VIII centenario da fundación da vila promoveu a construción dun monumento a Afonso VIII de León e Galicia. En 1996 impulsou a Festa da Arribada que en 2015 sería declarada festa de interese turístico internacional.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Fundación y orígenes de Baiona
  • Historia de la carabela Pinta
  • La carabela Pinta y su arribada a Baiona
  • Cartas Puebla, de Privilegio y Cédulas Reales otorgadas a Baiona
  • A Merca no Réxime Señorial (Ir Indo, 2018)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]