Avelino Méndez Suárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1914 Oviedo, España |
Morte | 24 de abril de 1939 (24/25 anos) Vilacova, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mineiro , sindicalista |
Avelino Méndez Suárez, coñecido como Asturiano, nado en Asturias cara a 1914 e finado en Vilacova (Lousame) o 24 de abril de 1939, foi un mineiro e sindicalista anarquista asturiano.
Traxectoria
Instalado en Lousame, pertenceu ao "Sindicato Minero y Profesiones Varias" nas minas de San Fins. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia marchando cos mineiros a Santiago de Compostela e despois á Coruña. Fuxiu ao monte. Formou parte do grupo de guerrilleiros comandado por Ramón Rodríguez Varela e no que se integraron Celestino Horta, Hilario Arroyo, Manuel Fernández Valle, Abdón de Ces, e José Dias que actuaron en Lousame. Logo dun atraco nas minas o 14 de abril de 1937 tentaron marchar cara Asturias. Ao non conseguilo volveron a Lousame e seguiron agochados no monte. Avelino foi asasinado na Fionsa o 24 de abril de 1939.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
- Avelino Méndez Suárez na base de datos do proxecto Nomes e voces.