Avco World Trophy
O Avco World Trophy, tamén coñecido como Avco Cup, foi o trofeo entregado ao campión da World Hockey Association (WHA) orixinal (1972-1979). Os dereitos sobre o nome foron comprados pola antiga Avco Corporation (un nome derivado orixinalmente de "Aviation Company"), unha compañía de defensa que mercou os dereitos para anunciar a súa división de financias ao consumo. O trofeo foi ridiculizado por algúns polo seu patrocinio e nunca desenvolveu nada que se achegara ao significado e o sentimento da Stanley Cup, o seu rival da National Hockey League. Con todo, o deseño da copa foi frecuentemente visto como creativo en que se trataba dun globo flotante de vidro gravado embutido no "tronco" da copa. A copa foi deseñada por Frank Bonnerkopf de Boise, Idaho (Estados Unidos).
O líder dos Jets Bobby Hull conquistou o trofeo en tres ocasións, incluíndo a última edición da final da liga fronte aos Edmonton Oilers de Wayne Gretzky; por outra banda, Gordie Howe e os Houston Aeros disputaron o trofeo tres veces e gañárono dúas, mentres que os New England Whalers e os Quebec Nordiques conquistaron a copa unha vez cada un.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O trofeo foi entrgado por primeira vez na tempada 1972-73 da World Hockey Association. Antes do principio da competición, un dos fundadores da WHA, Dennis Murphy, conseguiu vender o nome do trofeo á empresa Avco.[2] O trofeo foi doado á nova liga en 1972 xunto con aproximadamente 500.000 dólares pola AVCO Financial Services Corporation, e converteuse no primeiro trofeo de campión dunha liga deportiva maior en levar o nome dunha empresa privada. O trofeo foi retirado despois de que a WHA cesase as súas operacións en 1979.[1]
A primeira final dos play-offs da WHA enfrontou aos New England Whalers e aos Winnipeg Jets, e despois de catro partidos, os primeiros dominaban a eliminatoria por 3-1, podendo gañar a liga no seguinte pertido. Os directivos da WHA déronse conta de que non tiñan aínda un trofeo para entregar ao equipo campión. A persoa encargada das relacións públicas comprou no último momento un trofeo de gran tamaño que foi finalmente entregado aos Whalers, que gañaron o quinto partido por 9 goles a 6.[2]
O derradeiro trofeo da historia da WHA foi conquistado polos Winnipeg Jets, que derrotaron en seis partidos aos Edmonton Oilers;[3] Barry Shenkarow, o presidente dos Jets, levou o trofeo e o expuxo na sala de dirixentes no Winnipeg Arena. Pouco tempo despois, outra versión do trofeo uniuse ao Hockey Hall of Fame na sala adicada á WHA. Shenkarow advertiu ao Hockey Hall of Fame de que non posuían o trofeo bo, mais estes non lle creron. Posteriormente, Shenkarow enviou a súa versión do trofeo ao Manitoba Sports Hall of Fame da cidade de Winnipeg.[4] De acordo co sitio web do Hockey Hall of Fame, unha terceira versión da copa existe no Nova Scotia Sports Hall of Fame en Halifax. O trofeo foi retirado despois de que a WHA cesase as súas operacións en 1979.[1]
Campións e finalistas
[editar | editar a fonte]Tempada | Campións[1] | Finalistas | Partidos |
---|---|---|---|
1973 | New England Whalers | Winnipeg Jets | 4–1 |
1974 | Houston Aeros | Chicago Cougars | 4–0 |
1975 | Houston Aeros | Quebec Nordiques | 4–0 |
1976 | Winnipeg Jets | Houston Aeros | 4–0 |
1977 | Quebec Nordiques | Winnipeg Jets | 4–3 |
1978 | Winnipeg Jets | New England Whalers | 4–0 |
1979 | Winnipeg Jets | Edmonton Oilers | 4–2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 www.hhof.com (ed.). "Avco World Trophy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2015. Consultado o 17 de xaneiro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 Willes 2004, p. 67
- ↑ Willes 2004, p. 240
- ↑ Willes 2004, p. 261
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Willes, Ed (2004). McClelland & Stewart, ed. The Rebel League: The Short and Unruly Life of the World Hockey Association (en inglés). pp. 277. ISBN 0-7710-8947-3.