Avatar: Frontiers of Pandora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Avatar: Frontiers of Pandora
Desenvolvedor(es)Massive Entertainment[a]
Distribuidora(s)Ubisoft
Director(es)Magnus Jansén
Ditte Deenfeldt
MotorSnowdrop
Lanzamento7 de decembro de 2023
XéneroAcción e aventuras
Modos de xogoUn xogador e multixogador
Plataforma(s)PlayStation 5
Windows
Xbox Series X/S
SerieAvatar
Na rede
https://avatarfrontiersofpandora.com
IMDB: tt14838040 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Avatar: Frontiers of Pandora é un videoxogo de acción en mundo aberto baseado na serie de filmes de Avatar.[1] O xogo foi desenvolvido por Massive Entertainment e publicado por Ubisoft para PlayStation 5, Windows, Xbox Series X/S e Amazon Luna o 7 de decembro de 2023.[2]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Xogado nunha perspectiva en primeira persoa, os xogadores toman o control dun orfo Na'vi criado e adestrado como soldado pola RDA, antes de ser posto en animación suspendida e espertar quince anos despois nunha instalación abandonada. O xogador debe emprender unha viaxe a través da Fronteira Occidental, unha rexión nunca antes vista de Pandora, descubrindo as súas orixes e organizando as tribos Na'vi locais para loitar contra a RDA que intentan explotar os recursos naturais da Fronteira Occidental.[1] A historia do xogo está parcialmente ligada aos filmes, aínda que é independente.[3]

O xogo tamén admite o modo multixogador cooperativo de 2 xogadores.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O traballo adicional foi proporcionado por Ubisoft Shanghai, Ubisoft Toronto, Ubisoft Montpellier, Ubisoft Kyiv, Ubisoft Reflections, Ubisoft Leamington e Ubisoft Düsseldorf

Referencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]