Autonomía
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Co termo autonomía podemos referirnos a:
- A autonomía é un concepto da filosofía e a psicoloxía evolutiva que expresa a capacidade para darse normas a un mesmo sen influencia de presións externas ou internas. Oponse á heteronomía.
- A palabra autonomía úsase como sinónimo de autogoberno de núcleos ou sectores sociais.
- Sinónimo de autoorganización ou de autodeterminación.
- O autonomismo, (movementos autónomos ou autonomistas) é unha corrente política dentro do anticapitalismo nacida desde a esquerda política, e nalgúns casos parte das interpretacións dun marxismo libertario, que promove un desenvolvemento democrático e socializante do poder político, a democracia participativa, e unha constante adecuación das estratexias e tácticas ás realidades concretas de cada espazo.
- A Autonomía obreira é un concepto político da corrente ideolóxica chamada autonomismo.
- A autonomía é tamén un termo pertencente ó ámbito do Dereito.
- En España é unha división político-administrativa; ver Comunidades Autónomas.
- Ademais é a capacidade de valerse por un mesmo. Usado tanto para persoas (relacionado coa discapacidade), como para instrumentos e máquinas.
- No ámbito da técnica esta capacidade é o tempo que un dispositivo cunha fonte de alimentación independente pode permanecer en activo, ata o esgotamento da fonte de alimentación. Así, un dispositivo eléctrico, como unha lanterna, terá unha autonomía de horas en función da capacidade das súas baterías, e un automóbil poderá percorrer unha certa cantidade de quilómetros sen recargar en función da capacidade do seu depósito de combustible. As melloras na autonomía dos equipos pódense lograr ben incrementando a capacidade da fonte de alimentación, ben aumentando o rendemento e, por tanto, reducindo o consumo do dispositivo.
- Estación de Autonomía: Estación de liñas C-1 e C-2 de Renfe Cercanías Bilbao.