Saltar ao contido

Automatic Midnight

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Automatic Midnight
Álbum de Hot Snakes
Publicado15 de febreiro de 2000
Gravaciónxuño de 1999
Duración31:36
Xénero(s)post-hardcore, garage rock
Selo(s)Swami Records
Producido porJohn Reis
Cronoloxía
- Automatic Midnight Suicide Invoice
(2002)

Automatic Midnight é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de post-hardcore Hot Snakes, publicado o 15 de febreiro de 2000 a través do selo Swami Records. Tanto a banda como o álbum comezaron como un "proxecto paralelo" de John Reis en xuño de 1999, durante un tempo libre da súa banda principal Rocket from the Crypt. Reis compuxo e gravou un feixe de cancións en San Diego co batería de Delta 72 Jason Kourkounis. Para as voces Reis chamou a Rick Froberg, con quen tocara en Pitchfork e Drive Like Jehu de 1986 a 1995. A meirande parte do material desas sesións usouse para crear Automatic Midnight, que se converteu no primeiro lanzamento do novo selo Swami Records de Reis.[1]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "If Credit's What Matters I'll Take Credit"   2:33
2. "Automatic Midnight"   1:33
3. "No Hands"   2:30
4. "Salton City"   3:46
5. "10th Planet"   3:17
6. "Light Up the Stars"   3:22
7. "Our Work Fills the Pews"   3:03
8. "Past Lives"   2:41
9. "Mystery Boy (aka Jason K.)"   1:59
10. "Apartment 0"   1:26
11. "Let it Come"   5:27

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Automatic Midnight, by Hot Snakes". Hot Snakes (en inglés). Consultado o 2024-06-03.