John Reis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn Reis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
San Diego, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor musical , compositor , guitarrista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoPunk rock Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata

Páxina webswamirecords.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1556036 Spotify: 3VmQbTkR2foZ6FxbhR1gHk Musicbrainz: 626e7b64-3035-4f58-92a6-49790f600e30 Discogs: 262323 Allmusic: mn0000232252 Editar o valor em Wikidata
John Reis tocando con Hot Snakes en 2011

John Reis, nado en 1969 e coñecido tamén cos pseudónimos de Speedo, Slasher e The Swami, é un músico, cantante, guitarrista, disc jockey e empresario discográfico norteamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

John Reis é especialmente coñecido como o cantante e guitarrista a banda de rock Rocket from the Crypt, que formou, estando á súa fronte durante toda a súa existencia (1990-2005). Anteriormente fora o guitarrista na banda de post-hardcore Pitchfork, e mais tamén en Drive Like Jehu durante os primeiros anos da década de 1990. Posteriormente formou Hot Snakes (1999-2005) e Sultans (2000-2007), na cal cantaba e tocaba o baixo primeiro e logo a guitarra rítmica. Tamén gravou en 1994 un disco en solitario, Back Off Cupids que non se editou ata 1999, e nese ano fundou a discográfica Swami Records, que traballa en especial con grupos do sur de California. Tamén ten o seu propio programa semanal de radio, "Swami Sound System", primeiro na emisora KBZT de San Diego durante sete anos [1] e a partir de 2012 na Slacker Radio, un servizo de radio interactiva. Desde 2007 participa no grupo The Night Marchers e no 2011 reviviu a banda Hot Snakes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Swami John Reis teams with Slacker Radio en UT San Diego, 7 de marzo de 2012