Saltar ao contido

August von Pelzeln

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAugust von Pelzeln

August von Pelzeln
Biografía
Nacemento10 de maio de 1825
Praga, Imperio austríaco
Morte2 de setembro de 1891
Oberdöbling, Viena
País de nacionalidadeaustríaca
EducaciónUniversidade de Viena
Actividade
Campo de traballoOrnitoloxía e zooloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Viena Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónornitólogo
Período de actividade1845 Editar o valor en Wikidata - 1891 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo Imperial de Viena
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaPelzeln Editar o valor en Wikidata
Premios
Membro da Leopoldina

August von Pelzeln, nado o 10 de maio de 1825 en Praga e finado o 2 de setembro de 1891 en Oberdöbling, antigo municipio hoxe integrado na cidade de Viena, foi un ornitólogo austríaco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pelzeln estivo a cargo da colección de mamíferos e aves do Museo Imperial de Viena durante corenta anos.

Realizou un notábel traballo sobre 343 especies de aves recolectadas por Johann Natterer no Brasil en 1822.

Estudou as aves recolectadas na Viaxe de Exploración Científica realizada entre 1857 e 1860 pola fragata Novara. A expedición da Novara realizouse coa autorización do emperador de Austria para consolidar a importancia da coroa.

Esta importante expedición partiu de Trieste en abril de 1857, pasou polo Cabo de Boa Esperanza visitano, entre outros territorios, as Filipinas, Australia e Nova Zelandia. Catorce dos corenta e catro integrantes da expedición baixaron a terra para realizaren coleccións científicas.

En 1869 foi elixido membro da sección da zooloxía da Leopoldina.[1]

Publicacións importantes

[editar | editar a fonte]
  • Vögel. Aus der Kaiserlich-Königlichen Hofund Staatsdruckerei, Wien 1865
  • Zur Ornithologie Brasiliens. A. Pichler's Witwe & Sohn, Wien 1871
  • Beiträge zur Ornithologie Südafrikas. A. Hölder, Wien 1882
  • Brasilische Säugethiere. A. Hölder, Wien 1883
  • Eine Studie über die Abstammung der Hunderassen In: Zoologische Jahrbücher: Abteilung für Systematik, Ökologie und Geographie der Tiere, 1, S. 225-240, 1886 PDF, Online
  • Monographie der Pipridae oder Manakin-Vögel. Budapest 1887.

Na súa honra nomeáronse, entre outras, as especies:

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Pelzeln emprégase para recoñocer a August von Pelzeln como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]