Saltar ao contido

Attitudes (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Attitudes (grupo musical)
Na rede
Discogs: 723989 Editar o valor em Wikidata

Attitudes foi un cuarteto pop rock dos Ánxeles formado por músicos de sesión famosos na cidade por ter colaborado con George Harrison: o produtor/compositor/arranxista David Foster nos teclados, o guitarrista Danny Korthmar (colaborador habitual de James Taylor e Don Henley), o baixista Paul Stallworth e o batería profesional de sesión Jim Keltner. O grupo fichou co selo Dark Horse Records, propiedade do guitarrista dos Beatles, e completou dous discos a mediados dos anos 70 e un sinxelo, "Sweet Summer Music", que se situou no número 94 nas listas de ouvintes de 1976.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Good News (Dark Horse Records, 1977)

Cancións: "Being Here With You", "Drink My Water", "Sweet Summer Music", "Let's Talk Turkey", "Foster's Frees", "Turning In Space", "Change", "In A Stranger's Arms", "Manual Dexterity", "Promise Me The Moon" e "Good News".

Músicos colaboradores no disco: Jim Keltner, Paul Stallwoth, Danny Korthmar, David Foster, Ringo Star, Chuck Higgins Jr., Waddy Watchel, Jay Lewis, Jay Graydon, Brooker T. Jones, Pat Murphy, Emil Richards, Tower Of Power e Donny Gerard.


  • Attitudes (Dark Horse Records, 1976)

Cancións: "Ain't Love Enough", "Street Scene", "A Moment", "You and I Are So In Love", "Squank", "Lend A Hand", "Chump Change Romeo", "First Ballad", "Honey Don't Leave L.A." e "In The Flow Of Love".

Músicos colaboradores no disco: Jim Keltner, Paul Stallwoth, Danny Korthmar, David Foster, Jesse Ed Davis, Carmen Twillie, Kathryn Collier, Venette Gloud e Chuck Higgins Jr.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Attitudes". www.westcoast.dk (en inglés). 2015-11-07. Consultado o 2024-06-22.