Atrapasoños
Nalgunhas cultura nativas americanas, os atrapasoños (en ojibwa: asabikeshiinh, a forma inanimada da palabra "araña",[1] en lakota: iháŋbla gmunka) son aros feitos de salgueiro, en cuxo oco hai unha rede ou arañeira. O atrapasoños tamén pode incluír obxectos sagrados como certas plumas ou contas. Traditionalmente pendúranse nos berces como xeito de protección.[2]
Os atrapasoños son orixinarios do pobo ojibwa e foron adoptados gradualmente por pobos veciños a través da matrimonio mixto e o comercio. Non foi até o movemento panindianista da década de 1960 e 1970 cando foron adoptados por nativos americanos de diversos pobos e culturas. Algúns considérano como un símbolo de unidade das diferentes nacións indias, e un símbolo xeral de identificación cos nativos americanos e as Primeiras Nacións. Porén, outros nativos americanos consideran que os atrapasoños están sobreexplotados comercialmente e que foron apropiados ofensivamente por non nativos.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Freelang Ojibwe Dictionary
- ↑ Densmore, Frances (1929, 1979) Chippewa Customs. Minn. Hist. Soc. Press; pg. 113.
- ↑ Jenkins, Philip (setembro de 2004). Dream Catchers: How Mainstream America Discovered Native Spirituality. Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-19-516115-7.
- ↑ "Native American Dream catchers", Native-Languages
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atrapasoños |