Berce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prototipo de berce prismático, obra de Peter Keler (1922). Bauhaus Museum de Weimar.

Un berce, barrelo ou rolo é unha cama para os nenos pequenos, que xeralmente pode ser abaneada.[1]

En sentido figurado, berce, refírese ao lugar de orixe dunha persoa, unha poboación ou a unha cultura.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Na súa orixe foron cestas cóncavas ou pequenos recipientes de madeira. Os berces tradicionais tiñan pés semicirculares que servían para balancealas e así inducir o sono do bebé,[1] enxeño mecánico que foi substituído por patas con rodas que permiten a súa mobilidade. Antigamente fabricábanse con vimbio ou madeira, materiais que hoxe foron substituídos por plásticos, metais e outros materiais lavábeis. Un tipo de berce sen patas nin rodas son os moisés, feitos xeralmente con vimbios, que están deseñados para seren transportados e depositados directamente no chan ou sobre un moble.

Os berces tradicionais podían dispoñer dun dosel para cubrilas con tea de gasa e protexer así ao neno dos insectos.[3]

Nos modernos pódense dispoñer apliques ou brazos para colgantes ou dispositivos móbiles (pezas articuladas movíbeis) para distraer a atención do bebé. Tamén existe a tradición de vestir os berces con faldras que se adornan con cintas, lazos ou outros obxectos estéticos.

Os modelos de berces para nenos de até tres ou catro anos son máis grandes e teñen os laterais altos para previr saltos ou caídas. Nalgúns casos, unha das paredes é abatíbel para meter ou sacar ao neno con menor esforzo.

Tipos[editar | editar a fonte]

  • Berce de viaxe: modelo pregábel que se utiliza para desprazamentos.
  • Moisés: tipo de berce que se usa para os recentemente nados. As dimensións son máis pequenas para que o bebé non extrañe o ventre da nai. Adóitanse cambiar a berces despois de 6 meses.

Galería[editar | editar a fonte]

Na arte[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 berce, 1ª acep. no Dicionario da RAG.
  2. berce, 2ª acep. no Dicionario da RAG.
  3. Karen DeSafey Liller (2006): Injury Prevention for Children and Adolescents. American Public Health Association Press. ISBN 978-0-8755-3068-0, p. 71.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]