Ten unha forma ovalada de 20km de longo e 6 de ancho, cunha superficie emerxida de 13km² máis 10km² de arrecifes. A lagoa interior de 81km² é pechada sen ningún paso practicable ao océano, pero a auga renóvase por canles submarinas e resulta bastante salgada.
A vila principal é Fakatopatere, situada no illote máis grande onde hai tamén un aeródromo. A poboación total era de 472 habitantes no censo do 2007. As actividades principais son a pesca, a produción de copra e o cultivo de perlas. Neste atol atópase a máis soada das ostras de perla negra, apinctada Margaritifera.
O nome Takapoto quere dicir «queixo curto», por ser de dimensións algo máis pequenas que Takaroa. Atópanse máis de 22 maraes, antigos templos polinesios. Un dos máis destacados atópase á entrada de Fakatopatere onde antigamente unha moza era sacrificada cada cinco anos ao deus Matapo. Foi chamadoSondre Grondt(Sen Fondo) por Jacob Le Maire (1616), Schadelijk (Perniciosa) por Jacob Roggeveen (1722) e Spiridoff por Otto von Kotzebue (1816).