Ati Quigua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ati Quigua
Ati Quigua.jpg
Nacemento 28 de abril de 1980
  Serra Nevada de Santa Marta
Nacionalidade Colombia
Ocupación política, activista e consultor
editar datos en Wikidata ]

Ati Seygundiba, nada en Jewrwa (Serra Nevada de Santa Marta) o 28 de abril de 1980, é unha activista, política ambientalista e pacifista indíxena colombiana, pertencente ó pobo arhuaco e coñecida como Ati Quigua.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É administradora pública e magister en Goberno e políticas públicas. O 3 de xaneiro de 2004 converteuse na primeira concelleira indíxena de Colombia e posteriormente na primeira muller indíxena na vicepresidencia do Concello de Bogotá, dende 2004 até 2011. No seu traballo político priorizou a creación dunha "cultura da auga" a través dun Estatuto da auga para Bogotá e a defensa do patrimonio ambiental, a soberanía alimentaria e o protagonismo das mulleres nesta loita.[1] Nas súas intervencións denunciou o etnocidio no seu país. É membro da Comisión Asesora de Paz de Colombia.[2]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Ati Quigua recibiu en 2016 o Premio Pace Città di Ferrara e o Premio Internacional Daniele Po en 2016, que recoñece mulleres e asociacións que traballan polo ambiente e os dereitos humanos.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]