Atelopus varius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Atelopus varius é unha especie de sapo neotropical da familia Bufonidae[1]. Antes vivía desde Costa Rica a Panamá, pero agora está na lista de especies en perigo crítico e quedou reducida a unha soa poboación preto de Quepos, Costa Rica (redescuberta en 2003) e unhas poboacións relictas no oeste de Panamá[2]. As variacións recentes na temperatura do aire, precipitacións, padróns do fluxo das correntes fluviais e o espallamento do fungo quitridio patóxeno Batrachochytrium dendrobatidis ligado ao cambio climático global son as principais causas do declive desta especie [3][4]. A. zeteki foi considerado unha subespecie de A. varius, pero agora considérase xeralmene unha especie separada.[5]

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

A distribución histórica de A. varius estendíase desde as vertentes atlántica e pacífica das Cordilleiras de Tilaran en Costa Rica ata o oeste de Panamá. Hábitats axeitados para a especie eran as zonas premontanas e de baixa montaña e algúns lugares en terras baixas con ríos rochosos e áreas con outeiros (desde os 6 aos 2000 m de altura).[6]

Hábitat e ecoloxía[editar | editar a fonte]

A. varius é un anfibio diúrno que se encontra a miúdo en rochas e gretas ao longo de correntes de auga en terrras baixas húmidas e bosques de montaña[7]. É unha especie principalmente terrestre, que só entra na auga durante a estación reprodutora, e depende das salpicaduras das correntes para permanecer húmida.[8]

Esta especie móvese lentamente e a míúdo permanece na mesma área durante longos períodos de tempo. A coloración conspicua ou aposemática de A. varius probablemente lle serve para advertir aos potenciais predadores da súa toxicidade, porque a súa pel contén tetrodotoxina, unha potente neurotoxina[7]. A súa principal fonte de alimento son pequenos artrópodos que son máis abondosos durante a estación seca.[9] O único predador coñecido de A. varius é a mosca sarcofáxida parasita Notochaeta bufonivora, que deposita as súas larvas na superfice das coxas deste anfibio. Posteriormente as larvas da mosca penetran dentro da ra e cómena desde dentro.[10]

Status de conservación[editar | editar a fonte]

Nas últimas décadas A. varius foise facendo cada vez máis escaso na súa área de distribución xeográfica. O primeiro indicio da súa desaparición obtívose despois de facer un censo entre 1990 e 1992 preto de Monteverde, Costa Rica, que revelou que non había alí xa ningún individuo, cando antes a súa poboación chegara a ser de 751 adultos. [7] [11]. By 1996, Chegouse a pensar que estaba extinta en Costa Rica, pero posteriores avaliacións levadas a cabo no marco do proxecto rainmaker en 2003 e 2005 redescubriron unha poboación nas montañas da costa do Pacífico preto de Quepos[2]. En Panamá, a mortalidade en masa reduciu drasticamente as poboacións de A. varius nos últimos anos e agora crese que está localmente extinta.[12].

Propuxéronse varias teorías relacionadas con padróns de cambio climático para explicar o rápido declive de A. varius. Culpouse a unha tendencia cara ao aumento de temperaturas nos trópicos a finais da década de 1980 e inicios da de 1990 do declive de moitas especies de lagartos e anfibios, incluíndo varios Atelopus spp.[13] Máis recentemente observouse un declive na riqueza de especies de anfibios global, que foi ligada a un gromo do fungo quitridio patóxeno Batrachochytrium dendrobatidis.[4] Este patóxeno pode ser trnasmitido entre individuos a través de células da pel desprendidas e infecta as superficies queratinizadas do corpo, onde altera a respiración cutánea e a osmorregulación, o que ten como resultado a mortalidade.[4] Entre os intentos actuais de conservar a especie A. varius está un programa de cría en catividade recentemente iniciado e continuar os esforzos para protexer os seus hábitats boscosos vitais.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Crump, M.L. 1986. Homing and site fidelity in a Neotropical frog, Atelopus varius (Bufonidae). Copeia 1986(4): 1007-1009.
  2. 2,0 2,1 2,2 IUCN 2006. 2004 IUCN Red List of Threatened Species.<http://www.iucnredlist.org/>. Consultado o 6 de maio de 2007.
  3. Lips, K.R., Green, D.E. and Papendick, R. 2003. Chytridiomycosis in wild frogs from southern Costa Rica. Journal of Herpetology 37: 215-218.
  4. 4,0 4,1 4,2 Pounds, J.A., Bustamante, M.R., Coloma, L.A., Consuegra, J.A., Fogden, M.P.L., Foster, P.N., La Marca, E., Masters, K.L., Merino-Viteri, A., Puschendorf, R., Ron, S.R., Sánchez-Azofeifa, G.A., Still, C.J. and Young, B.E. 2006. Widespread amphibian extinctions from epidemic disease driven by global warming. Nature 439: 161-167.
  5. Savage, J.M. 2002. The Amphibians and Reptiles of Costa Rica. University of Chicago Press, Chicago. ISBN 0-226-73537-0
  6. Savage, J.M. 1972. The harlequin frogs, genus Atelopus, of Costa Rica, and western Panama. Herpetologica 28: 77-94.
  7. 7,0 7,1 7,2 Crump, M.L., and J.A. Pounds 1985. "Lethal Parasitism of an Aposematic Anuran (Atelopus varius) by Notochaeta bufonivora (Diptera: Sarcophagidae)." Journal of Parasitology 71(5), 588-591.
  8. Pounds, J.A. and Crump, M.L. 1994. Amphibian declines and climate disturbance: The case of the golden toad and the harlequin frog. Conservation Biology 8: 72-85.
  9. Crump, M.L. 1988. "Aggression in harlequin frogs: male-male competition and a possible conflict of interest between the sexes." Animal Behaviour 36(4): 1064-1077.
  10. Pounds, J.A., and Crump, M.L. 1987. "Harlequin Frogs Along a Tropical Montane Stream: Aggregation and the Risk of Predation by Frog-Eating Flies." Biotropica 19(4): 306-309.
  11. Pounds, J.A. and Crump, M.L. 1994. Amphibian declines and climate disturbance: The case of the golden toad and the harlequin frog. Conservation Biology 8: 72-85.
  12. Lips, K.R. 1999. Mass mortality and population declines of anurans at an upland site in western Panama. Conservation Biology 13: 117-125.
  13. Pounds, J.A., Fogden, M.P.L., and J.H. Campbell 1999. "Biological response to climate change on a tropical mountain." Nature 398(6728): 611-615.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]