Astrid 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Astrid 2
TipoCientífico
OrganizaciónCorporación Espacial Sueca
Destino actualFóra de servizo en órbita terrestre.
Satélite deTerra
Data de lanzamento10 de decembro de 1998, 11:57 GMT[1][2][3]
Foguete portadorKosmos 3M[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2]
Duración da misión7,5 meses[4]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetosfera terrestre.[2]
NSSDC ID1998-072B
Masa30,0 kg[2][4]
Dimensións1,7 x 1,1 x 0,3 m (cos paneis solares estendidos)[2]
Potencia90 W[2][5]
Datos orbitais
Inclinación83,0°[1]
Apoapse1015,1 km[1]
Periapse980,1 km[1]

Astrid 2 ou Astrid 1 foi un satélite artificial sueco lanzado o 10 de decembro de 1998 mediante un foguete Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][3][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

Astrid 2, o mesmo que o seu predecesor, Astrid 1, usaba a plataforma FREJA-C e foi lanzado coa misión de estudar a magnetosfera terrestre e a atmosfera superior. Entre os seus obxectivos estaban facer medicións de alta resolución dos campos eléctrico e magnético na rexión auroral, medir a densidade de electróns e da súa distribución xunto coa dos ións e facer fotografías no ultravioleta da actividade auroral e atmosférica. O satélite foi desenvolvido pola Corporación Espacial Sueca.[2][4][5]

O satélite estabilizábase mediante xiro, co seu eixo de xiro apuntando cara ao Sol. Os paneis solares proporcionaban ata 90 vatios de potencia a 28 voltios. As comunicacións tiñan lugar en banda S, cunha taxa de baixada de ata 128 kbps. O tamaño da nave, cos paneis despregados, era de 1,7 x 1,1 x 0,3 m.[2][4][5]

O 24 de xullo de 1999 perdeuse contacto con Astrid 2, 7,5 meses despois do lanzamento e despois de recoller gran cantidade de información científica.[2]

Instrumentación[editar | editar a fonte]

Astrid 2 levaba catro instrumentos a bordo:[2][4]

  • EMMA (Electrical and Magnetic field Monitoring of the Aurora): para medir tanto o campo eléctrico como o magnético.
  • LINDA (Langmuir INterferometer and Density experiment for Astrid-2): consistía en dúas esferas de 10 mm de diámetro colocadas ao final de sendos mastros de 0,61 m de lonxitude (cunha separación total entre as esferas de 2,9 m) para medir a distribución de plasma.
  • MEDUSA (Miniaturized Electrostatic DUal-tophat Spherical Analyzer): espectrómetro de ións e electróns.
  • PIA (Photometers for Imaging the Aurora): composto por dous fotómetros para obter imaxes das auroras e medir a absorción no ultravioleta da atmosfera.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ASTRID 2" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 NASA (21 de marzo de 2017). "Astrid 2" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 1 February 1999 from the Permanent Mission of Sweden to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (99-81237(E)). 19 de febreiro de 1999. Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Astrid 2" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2018). "Astrid-2" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]