Asterión (oceánida)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Asterión, na mitoloxía grega, era un deus fluvial fillo, como a maioría dos ríos, de Océano e a titánide Tetis. Tiña tres fillas: Eubea, Prosimna e Acrea, que foron nodrizas da deusa Hera [1].

Xunto ós deuses fluviais Ínaco e Cefiso, foi nomeado árbitro na disputa entre Hera e Poseidón pola posesión da Argólide, e sentenciaron que se adxudicase a Hera. En vinganza, Poseidón deixounos sen auga salvo na época das chuvias [2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pausanias: Descripción de Grecia, 2.17.2.
  2. Tiña prohibido volver a manifestar o seu desacordo mediante inundacións, como xa fixera nunha situación semellante en Atenas, que perdera ante Atenea.