Saltar ao contido

Ínaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ínaco
 Instancia de
 Patrón de
Inachos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Biografía
 Sexo
Actividade
 Cargo ocupado
Familia
 Nai
 Pai
 Cónxuxe
Melia (en) Traducir
Argeia (en) Traducir
Colaxe (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Fillo/a
Io
Philodice (en) Traducir
Pegeus (en) Traducir
Foroneu (pt) Traducir
Mycene (en) Traducir
Argos Panoptes (pt) Traducir
Casus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/0khxc Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata

Na mitoloxía grega, Ínaco foi un deus río da Argólide. Era fillo de Océano e a titánide Tetis. Casou con Melia, filla de Océano e tivo dous fillos: Foroneo e Exialeo; outras fontes engaden tamén a Ío [1], Fegeo e Micena.

Nacera en Argos antes da existencia da raza humana [2], aínda que outras tradicións din que foi contemporáneo de Erictonio e Eumolpo. Tamén se asegura que foi el quen reuniu ós homes tralo diluvio de Deucalión e levounos a vivir xunto a un río ó que chamaron Ínaco no seu honor.

Xunto ós deuses fluviais Cefiso e Asterión, foi nomeado árbitro na disputa entre Hera e Poseidón pola posesión da Argólide, e sentenciaron que se adxudicase a Hera. En vinganza, Poseidón deixounos sen auga salvo na época das chuvias [3].

A súa filla Ío, que era sacerdotisa de Hera, foi seducida ou raptada por Zeus. Ínaco indignouse e perseguiu a Zeus pero este mandou contra el a erinia Tisífone, que o atormentou ata provocarlle a loucura. Ínaco terminou botándose ó río que ata entón se chamara Haliacmón e que desde aquela pasou a chamarse Ínaco. Outras fontes din que Zeus lanzoulle un raio e desde entón o río secou.

"Viuna Xúpiter de volta do río do pai e díxolle: 'Doncela digna de Xúpiter que no teu leito
farías feliz a calquera, diríxete ás sombras destes bosques profundos...
Non fuxas de min' (pois estaba fuxindo) . Xa deixara
os pastos de Lerna e os campos de Lirceo plantados con árbores
cando o deus estendeu a escuridade para ocultar a terra,
detivo a súa fuxida e quitoulle a súa honra
".
(Ovidio: Metamorfosis I, 590-601)
  1. Outras fontes, como Pseudo-Apolodoro, fana filla de Iaso (Biblioteca mitológica II, 1, 3).
  2. O seu fillo Foroneo foi o primeiro home sobre a terra.
  3. Tiña prohibido volver a manifestar o seu desacordo mediante inundacións, como xa fixera nunha situación semellante en Atenas, que perdera fronte a Atenea.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]