Astenosfera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Estrutura interna da Terra: 1: Codia ou Cortiza, 2: Manto, 3: Núcleo, 3a: Núcleo externo, 3b: Núcleo interno, 4: Litosfera, 5: Astenosfera, 6: Núcleo externo líquido e 7: Núcleo interno sólido

A astenosfera é a zona do manto terrestre que está debaixo da litosfera, entre 100 e 240 quilómetros por debaixo da superficie da Terra.

A litosfera mide uns 100 km por debaixo dos océanos e ao redor de 150 km baixo os continentes. A astenosfera pode estar dotada de certa fluidez (a pesar de tratarse de rocha sólida), e absorbe os movementos que poden dar lugar á isostasia.

Na astenosfera existen lentos movementos de convección que explican a deriva continental. Ademais, o basalto da astenosfera flúe ó longo das dorsais oceánicas, o que fai que se renove constantemente o fondo oceánico.

O bordo oposto, cando se enfronta co obstáculo representado por un continente, afúndese baixo este, volvendo así a materia ó fondo. Este fenómeno coñécese como subdución.

Dúbidas sobre a existencia da astenosfera[editar | editar a fonte]

Durante anos afirmouse que no interior da Terra, a partir duns 100 km de profundidade, existiría unha zona chamada astenosfera que presentaría unha baixa velocidade das ondas sísmicas S, razoándose que isto se debería a unha baixa viscosidade da parte superior do manto. Desta forma explicábase o movemento continuo dentro dos continentes dentro da Teoría da Tectónica de placas,así como o fenómeno de equilibrio isostático dos continentes sobre o manto. Fai unha década, a idea desta franxa como imprescindible para explicar a deriva continental, entrou en dúbida segundo novos datos, propoñéndose un sistema onde a codia moveríase xunto co manto subxacente ata o núcleo terrestre[Cómpre referencia]. Propúxose, que o equilibrio isostático produciríase entre a parte inferior do manto e a parte exterior do núcleo terrestre. Porén, esta proposta non conta cos datos suficientes ó respecto para definir a situación.