Asta Nielsen
Asta Nielsen | |
---|---|
![]() Asta Nielsen en Motography (1917) | |
Nome completo | Asta Sofie Amalie Nielsen |
Nacemento | 11 de setembro de 1881 |
Lugar | Vesterbro, Copenhague, ![]() |
Falecemento | 24 de maio de 1972 (90 anos) |
Lugar | Frederiksberg, ![]() |
Nacionalidade | Dinamarca |
Cónxuxe(s) | Urban Gad (1912-18) Ferdinand Wingårdh (1919-23) Anders Christian Theede (1970-72) |
Profesión | Actriz |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Asta Sofie Amalie Nielsen, nada o 11 de setembro de 1881 en Vesterbro (Copenhague) e finada o 24 de maio de 1972 en Frederiksberg, foi unha actriz de cine mudo dinamarquesa principalmente coñecida por protagonizar numerosos filmes na década de 1910 e por ser unha das primeiras estrelas de cinema de fama internacional.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Setenta dos setenta e catro filmes de Nielsen fixéronse en Alemaña onde era coñecida simplemente como Die Asta (A Asta). Debido aos seus ollos grandes e escuros, a súa face con forma de máscara e a súa figura masculina, Nielsen adoitaba interpretar os papeis de mulleres porfiadas e apaixonadas que se vían envoltas en circunstancias tráxicas. Por mor da natureza erótica das súas interpretacións, os seus filmes foron duramente censurados nos Estados Unidos e o seu traballo ficou relativamente descoñecido para a audiencia estadounidense. Dise dela que cambiou o xeito de actuar nos filmes, pasando dun estilo teatralizado a un máis naturalista.[1] Na década de 1920 fundou o seu propio estudio de filmación en Berlín, mais volveu a Dinamarca en 1937 co auxe do nazismo. A súa actividade cinematográfica rematará case co fin do cine mudo: só protagonizou un filme sonoro, Unmögliche Liebe, en 1932. Nos seus últimos anos desapareceu como figura pública e converteuse en artista e autora.
Filmografía parcial[editar | editar a fonte]
- Afgrunden, dirixido por Urban Gad (1910)
- Balletdanserinden, dirixido por August Blom (1911)
- Engelein (1914)
- Rausch (1919)
- Reigen (1920)
- Mata Hari (1920)
- Die Spionin (1921)
- Hamlet (1921)
- Irrende Seelen (1921)
- Die Geliebte Roswolskys (1921)
- Fräulein Julie (1922)
- I.N.R.I. (1923)
- Erdgeist (1923)
- Athleten (1925)
- Lebende Buddhas (1925)
- Hedda Gabler (1925)
- Die freudlose Gasse, dirixido por Georg Wilhelm Pabst (1925)
- Die Gesunkenen (1926)
- Dirnentragödie (1927)
- Laster der Menschheit (1927)
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Asta Nielsen ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Asta Nielsen na IMDb (en inglés).
![]() |
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |