Ash
| Ash | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Composto por
| |||||||
|
Caracterizado por
| |||||||
|
Selo discográfico
| |||||||
| Obra | |||||||
|
Discografía
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Ash é unha banda de rock alternativo de Irlanda do Norte formada en 1992 en Downpatrick, condado de Down, por Mark Hamilton (baixo), Tim Wheller (vocal e guitarra) e Rick McMurray (batería). Como trío publicaron o mini-álbum Trailer en 1994 é o álbum 1977 en 1996. Este lanzamento de 1996 foi nomeado por NME como un dos 500 mellores álbums de todos os tempos.[1] Tras o éxito do seu debut, a banda recrutou a Charlotte Hatherley como guitarrista e vocalista, lanzando o seu segundo disco, Nu-Clear Sounds, en 1998. Despois de evitar por pouco a quebra, a banda lanzou Free All Angels en 2001 e unha serie de sinxelos exitosos.
A banda volveu ser un trío en 2006 cando Hatherley deixou o grupo, e despois de cinco álbums convencionais, a banda lanzou 26 sinxelos na A-Z Series en 2009, un cada dúas semanas. A banda tivo un disco de prata, dous de ouro e dous de platino no Reino Unido, así como 18 cancións no top 40 da lista de sinxelos do Reino Unido.[2] Asociáronse co britpop, aínda que non se sentiron cómodos coa asociación, xa que enfatizar o carácter británico podería interpretarse como sectario en Irlanda do Norte.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tralo descubrimento sa súa paixón pola música, anímanse a tocar novoscovers e a principios dos anos '90, tras escoitar bandas como Twisted Sister e Iron Maiden, deciden formar unha banda de heavy metal cunha amiga da infancia, chamada Vietnam. Tras un par de concertos buscaron un batería, encontrando a Rick Murray, dous anos maior ca eles. Finalmente deixan de lado o heavy metal animados por outro tipo de sons coma os de Nirvana, Mudhoney ou os Pixies, comezando a compoñer as súas propias cancións. Un dato curioso sobre a orixe do nome da banda é que o elixiron ao chou nun dicionario.
Crearon tres maquetas, "Solar Happy" en xuño, "Shed" e "Home Demo" en setembro. "Goldfinger" foi o seu primeiro lanzamento en 1996, un dos singles do traballo, xunto con "Oh Yeah", que os catapultou cara a fama. O álbum chegaría ao Top dos Charts en Gran Bretaña. En 1997 deron un concerto no London Astoria, e participaron no Glastonbury Festival. Outros discos destacados son Nu-Clear Sounds e Free All Angels.
Tras lanzar “Twilight Of The Innocents” en 2007, o grupo decidiu non volver sacar un disco de estudio, e só dar a coñecer a súa música a través de sinxelos esporádicos.
Actualmente destaca o proxecto A-Z series, que consiste en descargas dixitais dende a súa web oficial.
Discografía
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Trailer | 1994 | Infectious Records |
| 1977 | 1996 | Infectious, Home Grown |
| Nu-Clear Sounds | 1998 | Infectious Records |
| Free All Angels | 2001 | Infectious Records |
| Meltdown | 2004 | Infectious Records |
| Twilight of the Innocents | 2007 | Infectious Records |
| Kablammo! | 2015 | earMUSIC |
| Islands | 2018 | Infectious Records, BMG |
| Race the Night | 2023 | Fierce Panda Records |
| Ad Astra | 2025 | Fierce Panda Records |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Entrevista en Record Overplayed webzine Arquivado 05 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ Barker, Emily (2013-10-25). "The 500 Greatest Albums Of All Time: 100-1". NME (en inglés). Consultado o 2025-10-26.
- ↑ "Ash - Where to Start with - Kerrang". www.kerrang.com. Consultado o 2025-10-26.
- ↑ Derek B Scott (28 de xaneiro de 2013). "The Britpop Sound". Britpop and the English Music Tradition. Ashgate Publishing, Ltd. p. 103. ISBN 9781409494072