A aeroliña foi creada no ano 1968 e iniciou as súas operacións en 1991 con avións pequenos para transporte privado. En 1992 entrou no mercado regular doméstico cun Douglas DC-9-30 alugado. As operacións de Aserca centráronse en Valencia, pero desenvolveu un centro de conexións en Caracas despois de 1994 que, combinado coa desaparición da aeroliña nacional Viasa en 1997, fixo que a compañía experimentase un crecemento significativo no seu mercado, expandindo a súa rede a Bogotá, Lima e Miami a través de Aruba. Entre 1998 e 2000 Aserca tivo o control da meirande parte de Air Aruba. En 2008 mercou a aioría das accións da aeroliña venezolana SBA Airlines (anteriormente Santa Bárbara Airlines).
En xuño de 2013 o Instituto Nacional de Aeronáutica Civil (INAC) de Venezuela anunciou que ía prohibir o uso de avións antigos no país como os Douglas DC-9, Boeing 727 e Boeing 737-200 a partir do 1 de novembro dese ano. Aserca Airlines puido conseguir un permiso especial do INAC para seguir operando os seus dous DC-9 restantes ata o 1 de xullo de 2014. A aeroliña substituíu os avións por dous MD-87 que pertenceran a Aeroméxico.
O 22 de maio de 2018 Aserca anunciou o cesamento de todas as súas operacións e a devolución do seu certificado de operador aéreo.[1][2][3]