Asemblea de Melilla
Asemblea de Melilla | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | Parlamento autonómico ![]() | ||
Personalidades | |||
Cargo dirixente | Presidente da Cidade Autónoma de Melilla ![]() | ||
Localización | |||
Xurisdición | Melilla ![]() | ||
Composto por | |||
Composto por
| |||
Contacto | |||
Páxina WEB | melilla.es… ![]() | ||
[ Wikidata ] |
A Asemblea de Melilla (en castelán: Asamblea de Melilla) é o órgano representativo da cidade autónoma de Melilla, composta por vinte e cinco membros elixidos por sufraxio universal, libre, directo e segredo e que teñen tamén a condición de concelleiros ao asumir as funcións que as leis recoñecen á organización municipal. O Estatuto de Autonomía de Melilla, aprobado por Lei orgánica de 13 de marzo de 2005 ao amparo do artigo 144, b) da Constitución, atribúelle as funcións de elixir o Presidente da Cidade, que o é tamén da Asemblea, o control do Consello de Goberno, incluída a moción de censura ao Presidente e as facultades normativas propias para a súa organización. Como a outras comunidades autónomas recoñéceselle o dereito a presentar proxectos de lei ante o Congreso dos Deputados e a remitir ao mesmo proposicións de lei, pero non a potestade lexislativa.
Composición
[editar | editar a fonte]A Asemblea de Melilla está composta polo Presidente, que é á súa vez o Alcalde e Presidente da Cidade Autónoma e vinte e cinco deputados dos diferentes partidos políticos, que son á vez concelleiros.
Desde as Eleccións á Asemblea de Melilla do 22 de maio de 2011, a cámara está composta polos seguintes grupos:
- PP: 15 deputados.
- Coalición por Melilla (CpM): 6 deputados.
- PSOE: 2 deputados.
- Partido Populares en Libertad (PPL): 2 deputados.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da Asemblea de Melilla (en castelán)
- Estatuto de Autonomía de Melilla, Boletín Oficial del Estado. (en castelán)