Aselo común
Asellus aquaticus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
Asellus aquaticus é un crustáceo de auga doce semellante a un piollo da terra. É coñecido como aselo común.[1]
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Asellus aquaticus é común na zona temperada que inclúe Europa, Rusia e Norteamérica.[2] Atópase en ríos, correntes e augas estancadas, particularmente onde hai abundancia de pedras baixo ás que se esconde, mais non onde a auga é moi ácida.[3] É un detritívoro.
Asellus aquaticus é relativamente tolerante á contaminación e foi utilizado como un indicador de calidade da auga.[2]
Ciclo de vida e reprodución
[editar | editar a fonte]Asellus aquaticus pode criar durante o ano, se a temperatura é o suficientemte alta, non crían baixo temperaturas frías. A madurez pode ser lograda en poucos meses hai temperaturas de verán morno, mais a maduración pode tardar dous anos en augas frías (de alta latitude ou augas de montaña).[4] A súa vida varía de xeito semellante: desde 9 meses en Suráfrica a 20 meses en Europa do Norte. As femias levan os ovos en bolsas debaixo do seu corpo.[5]
Acuarioloxía
[editar | editar a fonte]Os acuaristas de todo o mundo mostran interese cara a este aselo como mascota de acuario, así como limpador do mesmo. Mentres que é normalmente vendido como alimento para os peixes, algúns crían selectivamente o aselo para ser vendido como mascota.[6]
Conservación
[editar | editar a fonte]Algunhas subespecies considéranse en perigo, tales como:
- Asellus aquaticus carniolicus, endémica en Eslovenia.[7]
- Asellus aquaticus cavernicolus, endémica de Italia e Eslovenia.[8]
- Asellus aquaticus cyclobranchialis, endémica de Eslovenia.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 25 de xuño de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Lorraine Maltby (1991). "Pollution as a probe of life-history adaptation in Asellus aquaticus (Isopoda)". Oikos 61 (1): 11–18. JSTOR 3545402. doi:10.2307/3545402.
- ↑ Brian A. Whitton (1982). Rivers, Lakes and Marshes. Londres: Hodder & Stoughton. p. 131. ISBN 0-340-23155-6.
- ↑ Karen Anna Økland (1978). "Life history and growth of Asellus aquaticus (L.) in relation to environment in a eutrophic lake in Norway". Hydrobiologia 59 (3): 243–259. doi:10.1007/BF00036504.
- ↑ P. Sterry (1997). Complete British Wildlife. Collins. pp. 212. ISBN 0-583-33638-8.
- ↑ "List of online distributors of freshwater isopods worldwide". Shrimp Keep. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de xuño de 2022.
- ↑ Sket, B. "Asellus aquaticus ssp. carniolicus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Sket, B. "Asellus aquaticus ssp. cavernicolus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Sket, B. "Asellus aquaticus ssp. cyclobranchialis". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.