Aselo común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asellus aquaticus


Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Isopoda
Suborde: Asellota
Superfamilia: Aselloidea
Familia: Asellidae
Xénero: Asellus
Geoffroy, 1762
Especie: ''Asellus aquaticus''
Linnaeus, 1758

Asellus aquaticus é un crustáceo de auga doce semellante a un piollo da terra. É coñecido como aselo común.[1]

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Asellus aquaticus é común na zona temperada que inclúe Europa, Rusia e Norteamérica.[2] Atópase en ríos, correntes e augas estancadas, particularmente onde hai abundancia de pedras baixo ás que se esconde, mais non onde a auga é moi ácida.[3] É un detritívoro.

Asellus aquaticus é relativamente tolerante á contaminación e foi utilizado como un indicador de calidade da auga.[2]

Ciclo de vida e reprodución[editar | editar a fonte]

Asellus aquaticus pode criar durante o ano, se a temperatura é o suficientemte alta, non crían baixo temperaturas frías. A madurez pode ser lograda en poucos meses hai temperaturas de verán morno, mais a maduración pode tardar dous anos en augas frías (de alta latitude ou augas de montaña).[4] A súa vida varía de xeito semellante: desde 9 meses en Suráfrica a 20 meses en Europa do Norte. As femias levan os ovos en bolsas debaixo do seu corpo.[5]

Acuarioloxía[editar | editar a fonte]

Os acuaristas de todo o mundo mostran interese cara a este aselo como mascota de acuario, así como limpador do mesmo. Mentres que é normalmente vendido como alimento para os peixes, algúns crían selectivamente o aselo para ser vendido como mascota.[6]

Conservación[editar | editar a fonte]

Algunhas subespecies considéranse en perigo, tales como:

  • Asellus aquaticus carniolicus, endémica en Eslovenia.[7]
  • Asellus aquaticus cavernicolus, endémica de Italia e Eslovenia.[8]
  • Asellus aquaticus cyclobranchialis, endémica de Eslovenia.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 25 de xuño de 2022.
  2. 2,0 2,1 Lorraine Maltby (1991). "Pollution as a probe of life-history adaptation in Asellus aquaticus (Isopoda)". Oikos 61 (1): 11–18. JSTOR 3545402. doi:10.2307/3545402. 
  3. Brian A. Whitton (1982). Rivers, Lakes and Marshes. Londres: Hodder & Stoughton. p. 131. ISBN 0-340-23155-6. 
  4. Karen Anna Økland (1978). "Life history and growth of Asellus aquaticus (L.) in relation to environment in a eutrophic lake in Norway". Hydrobiologia 59 (3): 243–259. doi:10.1007/BF00036504. 
  5. P. Sterry (1997). Complete British Wildlife. Collins. pp. 212. ISBN 0-583-33638-8. 
  6. "List of online distributors of freshwater isopods worldwide". Shrimp Keep. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  7. Sket, B. "Asellus aquaticus ssp. carniolicus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  8. Sket, B. "Asellus aquaticus ssp. cavernicolus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  9. Sket, B. "Asellus aquaticus ssp. cyclobranchialis". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.