Asdingos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os asdingos foron un pobo xermánico, máis precisamente unha ramificación sur dos vándalos que se terá establecido, por volta do século II, na área das actuais Romanía, Hungría, Polonia e Eslovaquia. No final do século III únense aos silingos, outra ramificación dos vándalos. Van participar tamén na grande migración xermánica chegando á Península Ibérica e máis tarde ao norte de África.

Os vándalos asdingos foron desprazados polos hunos das chairas de Hungría e, tras intentar cruzar o Danubio, ben defendido por Estilicón, xeneral de Flavio Honorio emperador de Occidente, dirixíronse cara ao Rin arrastrando os vándalos silingos. A finais do século III únense aos silingos e en 406 cruzan o Rin por Maguncia e asolaron a Galia, indefensa porque Estilicón retirou o seu exército para defender a península itálica dos visigodos de Alarico I, e invaden a península ibérica no 409. Despois de firmar un foedus cos romanos, reciben terras na Gallaecia.

En 419 Gunderico, o rei dos asdingos, tras ser derrotado polos suevos e os romanos na batalla dos montes Nervasos, marcha coo seu exército á Bética, onde se converte en rei de ambas ramas dos vándalos (silingos) e os alanos, mentres que o seu reino na Gallecia incorpórase ao reino suevo de Hermerico. Hidacio de Chaves non di na súa crónica cal foi o destino da poboación do reino asdingo, se conseguiu fuxir á Bética ou, como era costume na época, foi reducida á escravitude. Máis tarde, o reino unido dos vándalos e alanos trasladouse ao norte de África ao mando de Xenserico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]