As aventuras de Mikołaj Doświadczyński

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As aventuras de Mikołaj Doświadczyński
Título orixinalMikołaja Doświadczyńskiego przypadki
Autor/aIgnacy Krasicki
OrixePolonia
Linguapolaco
ColecciónVétera
Xénero(s)Novela
EditorialGalicia Rinoceronte Editora
Data de pub.1776
Galicia 2019
FormatoRústico con lapelas
Páxinas186 (gl)
ISBNISBN 978-84-17388-26-3 (gl)
TraduciónLúa García Sánchez

As aventuras de Mikołaj Doświadczyński (en polaco: Mikołaja Doświadczyńskiego przypadki) é unha novela escrita en polaco por Ignacy Krasicki e publicada en 1776. Trátase da primeira novela composta en lingua polaca, un fito na literatura polaca.[1]

Foi traducido ó galego por Lúa García Sánchez e publicado pola Rinoceronte Editora en 2019.

Argumento[editar | editar a fonte]

A novela de Krasicki conta a a vida de Mikołaj, un nobre polaco. Durante as súas estadías en Varsovia, París e a illa ficticia de Nipu (baseada no Xapón, coñecida polos nativos como Nippon), o protagonista ten numerosas experiencias que o conducen cara a unha visión rationalista do mundo e a como converterse nun bo home, e polo tanto un bo cidadán. Esta ollada racionalista, presente nas obras de Krasicki, constitúe unha apoloxía da Ilustración e da fisiocracia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ignacy Krasicki". Univ.gda.pl. Consultado o 9 de xuño de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]