As Figueiras, Castropol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°32′18″N 7°02′26″O / 43.5382927, -7.0406151

Vista das Figueiras dende o miradoiro de s. Miguel, en Ribadeo. Diante, a ría, co 'Tesón' ó descuberto. á esquerda, praia de S. Román, que se estende ata o estaleiro, na mesma vila.
Vista, dende o porto, do corpo central do Pazo.

As Figueiras é unha parroquia asturiana do concello de Castropol, situada xunto á ría de Ribadeo. En 2017 tiña 661 habitantes.

Ten estaleiro e pequeno porto de pesca. Cara ao norte está a praia de San Román, antes de chegar á Ponte dos Santos. Na parroquia estivo activo o campo de concentración de Arnao.

A principal actividade da vila (e da contorna) son os estaleiros Gondán.

O seu xentilicio é figueirolo[1].

Asturias | Parroquias de Castropol

Balmonte | Barres | As Figueiras | Moldes | Piñeira | Presno | Seares | Tol



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 29. Consultado o 22 de xullo de 2021.