Astilleros Gondán
Coordenadas: 43°32′21″N 7°01′32″O / 43.5391477, -7.0254492
![]() | Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Astilleros Gondán SA | |
---|---|
![]() Gondán Shipbuilders | |
![]() Barco Edda Ferd, ao fondo Gondán. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | Século XIX |
Localización | Puerto de Figueras, s/n, 33794 Castropol, ![]() |
Fundador | Francisco Díaz Fernández |
Persoas clave | Álvaro Platero (Director) |
Industria | Naval |
Produtos | Buques, offshore |
Beneficio | 73 672 742 € (en 2016)[1] |
Número de empregados | 50 propios (uns 580 cos das auxiliares, en 2016)[2] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Astilleros Gondán é unha empresa naval asturiana con sede nas Figueiras, Castropol, na ría de Ribadeo.
Adícase á fabricación de buques pesqueiros de alta tecnoloxía, remolcadores, buques auxiliares, patrulleiras, buques militares e de pasaxeiros. Leva construídos máis de 300 buques.[3]
As orixes da empresa están nun pequeno obradoiro adicado a facer buques de pesca litoral en madeira. En 1925 fúndase Astilleros Gondán e trasládanse á localización actual. En 1969 inician a construción de pesqueiros en aceiro construíndo 100 en 10 anos. En 1978 comezan a fabricar buques para armadores estranxeiros. En 1995 comeza a fabricación de todo tipo de buques. En 2009 inicia a construción de buques en fibra de vidro.
Fabricación[editar | editar a fonte]
Ó longo da súa historia, de fabricar só barcos de pesca a nivel España pasou á ionternacionalización cunha gran diversidade de barcos, dende catamaráns de pasaxe a patrulleiras para a Garda Civil ou países estranxeiros, pasando por buques de subministración a estacións petrolíferas, remolcadores ou barcos-escola.
Instalacións[editar | editar a fonte]
- Porto de As Figueiras, base da 'división aceiro'.[4]
- Planta de Castropol (Porto da Veiga), base da 'división fibra'.
- Polígono Industrial de Barres.
Gondán ten certificacións ISO 9001, ISO 14001 e OHSAS 18001.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Stril Luna, buque de apoio a plataformas petrolíferas, elixido buque do ano en Europa en 2014[5]
- Premio Familia Empresaria de Asturias 2015[6]
- Premio de OSJ polo buque Edda Ferd de mantemento de torres eólicas en 2017.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Astilleros Gondan Sa en eleconomista.es
- ↑ Gondán llega a los 580 trabajadores, su récord histórico de empleo en La Voz de Galicia
- ↑ Astilleros Gondán, patrimonio vivo en La Voz de Galicia
- ↑ "Astilleros Gondán tiene carga de trabajo garantizada hasta principios de 2021". La Voz de Asturias (en castelán). 2019-03-10. Consultado o 2019-03-11.
- ↑ Un barco de Astilleros Gondán, premio europeo por respeto al medio ambiente en Expansión
- ↑ Astilleros Gondán de Castropol, premio Familia Empresaria de Asturias 2015 en La Nueva España
- ↑ Premio de OSJ para el último proyecto de GONDAN