Saltar ao contido

Arturo Seara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArturo Seara
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1956 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
CB Valladolid

Arturo Seara Fernández, nado o 18 de novembro de 1956 en Ourense como Arturo Fernández Seara e máis coñecido como Arturo Seara,[1] é un exbaloncestista profesional galego. Cunha altura de 1,78 metros, destacou na posición de base. Foi internacional coa Selección Española xuvenil, coa que gañou a medalla de prata no Eurobasket de 1973, e coa sub-23. Porén, non chegou a xogar coa selección absoluta.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gozou dos seus mellores anos coma xogador no FC Barcelona, club no que militou tres temporadas entre 1983 e 1986. Malia que era o base suplente de Solozábal, participou activamente na consecución dun Mundial de Clubs de Baloncesto e dúas Recopas de Europa. En 2019 mudou oficialmente o seu nome a Arturo Seara Fernández como homenaxe á súa nai.[1] Após a súa retirada, foi director xeral do Club Baloncesto Valladolid.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Internacional

[editar | editar a fonte]
  • Medalla de Prata no Eurobasket xuvenil de Angri'1973.
  1. 1,0 1,1 Ortiz, Javier (2021). 80 de los 80. Madrid: Ediciones JC. p. 278. ISBN 978-84-15448-56-3. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]