Arturo Cervigón Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArturo Cervigón Díaz
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xaneiro de 1973 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Arturo Cervigón Díaz, nado en Buenos Aires en 1895 e finado na Coruña o 13 de xaneiro de 1973,[1] foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Médico e profesor axudante de lingua inglesa na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Masón. Estivo afiliado ao Partido Radical Socialista, despois ao Partido Radical e finalmente a Unión Republicana, sendo concelleiro en Santiago de Compostela en representación deste partido. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era director do Balneario de Villar del Pozo en Cidade Real. Foi destituído en novembro do seu posto na Universidade e sufriu multas e inhabilitación polo Tribunal de Responsabilidades Políticas. Exerceu de médico en varios balnearios de Castela e deixou a profesión para dedicarse a administrar os bens familiares. Publicou algúns artigos sobre a historia do uso da auga na revista Galicia Clínica en 1963.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La colesterina en la diabetes y las aguas de Mondariz. Tesis doctoral, 1929.
  • Manual de prácticas hidrológicas, 1931 (con Antonia Martínez Casado). Premio Salgado de la Real Academia Nacional de Medicina (1933).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 16-1-1973, p. 75.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]