Articulacións carpometacarpianas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Articulacións carpo-metacarpianas»)
Articulacións carpometacarpianas
Ligamentos e articulacións do pulso.
Latín articulationes carpometacarpeæ
Gray's pág.330

As articulacións carpometacarpianas son un conxunto de articulacións do membro superior humano, situadas na man.

Superficies articulares[editar | editar a fonte]

As superficies articulares son os cinco metacarpianos e os ósos da fileira distal do carpo.

Funcións[editar | editar a fonte]

A articulación entre o primeiro metacarpiano e o óso trapecio é unha articulación especial, por encaixe recíproco, o que lle confire unha grande mobilidade. A articulación permite a oposición do polgar respecto da man.

As outras catro articulacións son de moita menor funcionalidade, con pequenos movementos de deslizamento. As articulacións máis externas son lixeiramente máis móbiles que as externas. Polo tanto, a articulación do quinto metacarpiano e o óso ganchudo é a menos móbil.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en inglés)