Articulación carpometacarpal do dedo polgar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Articulación carpometacarpal do dedo polgar
Gray335.png
Ligamentos do pulso, vista posterior
Latín articulationes carpometacarpeæ
Gray's asunto #86 328

A articulación carpometacarpal é unha articulación do membro superior humano, que artella o carpo co metacarpo. Existen cinco articulacións carpometacarpais en cada man.

A articulación entre o primeiro óso metacarpiano e o óso trapecio é lixeiramente diferente ao resto, para permitir unha meirande mobilidade a este dedo.

Ligamentos[editar | editar a fonte]

As articulacións carpometacarpais están reforzadas por varios ligamentos:

Ligamento cruzado anterior oblicuo[editar | editar a fonte]

É un ligamento groso, forte e extracapsular, que se estende entre o tubérculo maior do óso trapecio e o tubérculo maior do primeiro óso metacarpiano. Ténsase en abdución, extensión e pronación.

Ligamento colateral cubital[editar | editar a fonte]

Orixínase no retináculo flexor do pulso e se insire no tubérculo maior do primeiro óso metacarpiano.

Ligamento intermetacarpal primario[editar | editar a fonte]

Insírese entre as bases do primeiro óso metacarpiano e o segundo óso metacarpiano.

Ligamento oblicuo posterior[editar | editar a fonte]

Insírese no tubérculo do óso trapecio e o primeiro óso metacarpiano.

Ligamento dorsorradial[editar | editar a fonte]

Discorre entre o óso trapecio e o primeiro óso metacarpiano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.