Entente Cordiale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Unha postal francesa de 1904 que mostra a Britannia e Marianne bailando xuntas, simbolizando a nova cooperación entre as dúas nacións

Entente Cordiale (do francés entente,[1] ou entendemento cordial) ou Entente Cordial, é a denominación dun tratado asinado polo Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e a Terceira República Francesa o 8 de abril de 1904, e ratificado mediante unha serie de acordos posteriores, que supuxo unha mellora significativa das relacións entre ambos os países.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Tratouse dun acordo de non agresión e de regulación da expansión colonial entre os dous países. Pero, máis alá da preocupación inmediata pola expansión colonial incluída no tratado, a sinatura da Entente Cordiale marcou e o fin de séculos de conflitos intermitentes entre ambos os dous estados e os seus antecesores, e substituíu o modus vivendi que existira desde o final das Guerras napoleónicas en 1815 cun acordo máis formal.[3]

A Entente Cordiale foi a culminación da política de Théophile Delcassé, o ministro de Asuntos Exteriores de Francia desde 1898, que cría que unha comprensión franco-británica daría a Francia certa seguridade contra calquera sistema de alianzas alemás en Europa occidental. O mérito para o éxito da negociación pertence principalmente a Paul Cambon, o embaixador de Francia en Londres, e ao secretario do Asuntos Exteriores británico Lord Lansdowne.

A expresión Entente cordiale aparece utilizada por François Guizot en 1830, pouco despois da proclamación de Luís Filipe de Orleáns como rei dos franceses (1830-1848). Unha primera entente cordiale entre Francia e o Reino Unido foi levada a bo termo polo feito das dúas visitas da raíña Vitoria ao soberano francés en 1843 e 1845, no castelo de Eu, en Normandía. Baixo a Terceira República, unha nova aproximación realizouse entre ambos os países baixo o mesmo nome.

Este tratado foi a base para a formación dun sistema de alianzas entre o Reino Unido e Francia (aos que se sumarían o Imperio ruso e, máis tarde, os Estados Unidos) durante a Primeira Guerra Mundial, alianza coñecida como a Tripla Entente.

Centenario[editar | editar a fonte]

O centenario da Entente Cordiale, en 2004, estivo marcado por un gran número de actos oficiais, incluíndo unha visita de Estado por parte da raíña Isabel II e o Duque de Edimburgo a Francia en abril, e a visita por parte do presidente francés Jacques Chirac ao Reino Unido en novembro.

En dicha ocasión, as tropas británicas marcharon por primeira vez o 14 de xullo no desfile do Día da Bastilla, cos Red Arrows voando no ceo parisino.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de entente no Dicionario de Galego.
  2. MacMillan, Margaret (2013): The War that Ended Peace: The Road to 1914. New York, NY, USA: Random House. ISBN 978-0-8129-8066-0, capítulo 6.
  3. Taylor, A. J. P. (1954): The Struggle for Mastery in Europe, 1848–1918, pp. 408–417.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]