Arthur Friedenreich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Artur Friedenreich
Arthur Friedenreich
Nome completoArtur Friedenreich
Nacemento18 de xullo de 1892
LugarSão Paulo,
Falecemento6 de setembro de 1969
PosiciónDianteiro Centro
Información de club
Club actualFalecido

Artur Friedenreich, nado en São Paulo o 18 de xullo de 1892 e finado o 6 de setembro de 1969, foi un futbolista brasileiro. Alcumado O Tigre ou Fried, foi a primeira grande estrela deste deporte no seu país.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de xogar en diversos clubs de São Paulo de 1910 en diante, Friedenreich fixo a súa estrea na Selección Brasileira en 1914. Xogou 22 encontros internacionais, incluíndo as conquistas das edicións Copa América de 1919 e 1922, marcando dez goles. Na xira do Brasil por Europa en 1925, chamábano o Rei do Futebol.

Friedenreich xogou en São Paulo nos equipos do Paulistano (1909-1929) e o São Paulo (1929-1931), antes de se mudar a Río de Xaneiro para xogar no Flamengo (1929-1931). Foi o máximo anotador no Campeonato Paulista de Futebol en nove ocasións.

Dise que marcou 1329 goles, o que o faría o maior artilleiro de tódolos tempos, superando a Pelé, que marcou 1280. O problema é que ese número nunca se comprobou.

Retirouse no Flamengo en 1934 aos 42 anos.

Clubs[editar | editar a fonte]

  • Germânia (1909 e 1911)
  • Ypiranga (1910 e 1913 a 1915 e 1917)
  • Mackenzie (1911)
  • Brasil-SP (1912)
  • Americano-SP (1912)
  • Atlas-SP (1914)
  • Paysandu-SP (1915 e 1916)
  • Paulistano (1916 a 1929)
  • Flamengo (1917 e 1934)
  • Internacional-SP (1929)
  • Atlético Santista (1929)
  • Santos (1930 e 1935)
  • Dois de Julo-BA (1933)
  • Atlético Mineiro (1933)
  • São Paulo da Floresta (1930 a 1935)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]