Artesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artesa.

Unha artesa[1], tamén denominada maseira[2], é un recipiente grande de madeira, xeralmente con catro patas e tampa, máis estreito no fondo que por arriba, no que se amasa o pan.

Amasado do pan[editar | editar a fonte]

Amasando a masa na artesa. Victor Gilbert, Pétrin Gravure, en La République Illustrée, 1886.

Empregábase para mesturar a fariña, a auga, o sal e o lévedo, para facer a masa que posteriormente se metería no forno para facer pan[3]. O elemento principal no amasado do pan é o lévedo. Obtíñase a partir da masa anterior. Gardábase un pedazo de masa nunha ola e poñíase a carón do lume, daquela esta fermentaba ou facíase. Ó arrefriar gardábase na artesa. Cando chegaba o día de amasar, tarefa fatigosa, ó mediodía ou pola noitiña, a muller quitaba da ola o lévedo, limpa de codia e balor, depositábaa na artesa engadindo auga e fariña, logo amasábase para finalmente ir ó forno[4].

Outros usos[editar | editar a fonte]

A mecanización nos obradoiros de panadería e as novas tecnoloxías en fornos de pan relegaron a artesa a un uso decorativo.

Fraseoloxía[editar | editar a fonte]

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • A que come da artesa, non come da mesa.[5]

Poesía[editar | editar a fonte]

No poema de Rosalía Miña casiña, meu lar, de Follas Novas.

....atopei fariña munda,
un puñiño a todo dar.
Vino no fondo da artesa.
Púxenme a Dios alabar.[6]

Recitados[editar | editar a fonte]

Disme que non teño rendas
Para manter a muller:
Teño fariña na artesa,
Amásea se quer comer.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para artesa.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maseira.
  3. Artesa para amasar. Museo virtual de Valdeobispo (Caceres) (en castelán).
  4. A arte de amasar Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Tradicións de Aguilar del Alfambra (Teruel) (en castelán).
  5. Eligio Rivas Quintas (2001): Frampas, contribución al diccionario gallego (inédito ata a 1ª ed electrónica neste dicionario).
  6. Rosalía de Castro, Miña casiña, meu lar, de Follas Novas.
  7. Real Academia Galega (1913-1928): Diccionario gallego-castellano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]