Artemio Precioso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Artemio Precioso
Nacemento1891
Lugar de nacementoHellín
Falecemento1945
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
FillosArtemio Precioso Ugarte
editar datos en Wikidata ]

Artemio Precioso García, nado en Hellín en 1891 e finado en Madrid en 1945, foi un escritor, editor e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Creou varios periódicos en Hellín, fundou a Editorial Atlántida e dirixiu catro publicacións semanais. Dirixiu a colección "La Novela de Hoy" (1922-1932), que editou 526 novelas curtas. Tamén dirigió a revista de humor Muchas Gracias, onde publicaron humoristas gráficos e historietistas. O seu imperio editorial fundiu a consecuencia do conflito que o enfrontou con Miguel Primo de Rivera ao publicar un relato de Ramón María del Valle-Inclán no que satirizaba ao ditador. Este emprendeuna cos decadentistas españois: Artemio Precioso, Antonio de Hoyos Vinent, Álvaro Retana e Ramón María del Valle-Inclán. Os primeiros lograron fuxir a París, Valle-Inclán non. Coa proclamación da Segunda República afiliouse ao Partido Republicano Radical e foi nomeado gobernador civil de Toledo o 11 de febreiro de 1934, permanecendo no cargo até o 28 de xuño que pasou a ser gobernador civil de Lugo, permanecendo no cargo até o 27 de novembro. Foi nomeado novamente gobernador civil de Lugo o 1 de xaneiro de 1936 e cesado o 26 de febreiro.

Obra[editar | editar a fonte]

Escritor republicano, combativo e de pluma fácil e certera, ideólogo volteriano, practicou un tipo de literatura de fácil consumo, polo xeral erótica e decadente. As súas novelas, case siempre superficiais, de reducida extensión, teñen pouco interese e fondura. Entre as novelas curtas que escribiu entre 1922 e 1936 están: Rosa de carne, Vivir dos veces, La virgen casada, El doctor y su amiga, El crimen del otro, El hijo legal, El juego de la vida, Por qué engañan ellas, Pasión y muerte, Cuando el amor nace, El légamo de la tragedia, El millonario polígamo, El triunfo de Carmela, Judías verdes, Isabel Clara, La doble pasión, La muerte de un señorito juerguista, La que suiso ser libre, La tragedia del gordo, La verdadera mujer, La vida estéril (Tierra baldía), El crimen de un celoso, Memorias de un médico, ¡Lavó su honra!, Evas y manzanas, Los nuevos ricos de la moral etc.

Traduciu do francés obras de Emmanuel Bove, Maurice Constantin Weyer, Joseph Kessel e André Maurois, e do inglés o Volpone de Ben Jonson.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Españoles en el destierro. La vida en Francia de Santiago Alba, Blasco Ibáñez, Sánchez Guerra, Unamuno, E. Ortega y Gasset, Carlos Espía, López Ochoa y Manteca, con diálogos, anécdotas, cartas y semblanzas de estos ilustres perseguidos. Madrid: Editorial Vulcano, 1930.
  • Flores de pasión. (Novelas y cuentos). Madrid: Editorial Atlántida.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Artemio Precioso Ugarte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]