Arte lixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Artelixo")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arte lixo
Artelixo2.JPG
Localización Redondela
Anos 2
Nº edicións 2
Fundadores
Data Agosto-setembro
Xénero Música rock - Arte na rúa - Curtametraxes
Organizador Colectivo Sengashoil
Web oficial

Arte lixo é un evento cultural que se celebra na vila de Redondela durante os últimos días de agosto e os primeiros de setembro e organizado polo colectivo Sengashoil.[1] Integra diversos actos culturais, todos eles enfocados no concepto de sustentabilidade e responsabilidade medioambiental, fomentando a reciclaxe e o desenvolvemento sustentábel.

Descrición[editar | editar a fonte]

Durante as dúas semanas que dura o evento, diversos artistas locais e foráneos enchen as rúas e prazas de Redondela de esculturas e outras obras de arte, fabricadas con materiais de refugallo e lixo. Na edición do ano 2013, unha das obras, titulada precisamente Censura: Acto de reprobación dun comportamento e que consistía nun televisor ancorado na cabeza da estatua de Castelao, na Alameda, foi censurada polo concello e retirada do evento.[2]

Ademais, realízanse outros eventos coma o Videolixo, unha mostra de curtametraxes que integran dende vídeos feitos por afeccionados da vila, até curtametraxes profesionais procedentes de todo o mundo; Obralixo e Mercalixo son eventos que promoven a reciclaxe de materiais e que pretende darlle unha nova oportunidade aos refugallos. Por último, un festival de música pop, rock e alternativa, o Lixorrock, pon o peche ao evento, na que actúan bandas non profesionais.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]