Arquipélago dos Chonos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nome
Arquipélago dos Chonos
Mapa do arquipélago
Datos
País Flag of Chile.svg Chile
Mar Océano Pacífico
Illa principal Illa Melchor
Linguas Castelán
Poboación (2009) 1741 hab. (2015)
Densidade hab/km²
Superficie 13.000 km²
Nº de illas 1.048
Coordenadas 45°08′00″S 73°57′00″O / -45.13333, -73.95000
Maior Altura
Capital
Localización
Localización do arquipélago

O arquipélago dos Chonos é un arquipélago situado no océano Pacífico na rexión austral de Aisén Chile, ao sur do arquipélago das Guaitecas. Esténdese de norte ao sur ao longo de 120 millas cun ancho medio leste-oeste dunhas 30 a 40 millas, dende a parte sur das illas Guaitecas até a costa norte da península de Taitao. Debe o seu nome aos indíxenas chonos que poboaban estas illas en tempos do contacto cos europeos.

Esténdese de N-S ao redor de 193 km. de largo cun largo medio E-O duns 48 a 64 km., desde a parte sur das illas Guaitecas ata a costa norte da península de Taitao.

Debe o seu nome aos indíxenas chonos que poboaban estas illas en tempos do contacto cos europeos.

Introdución[editar | editar a fonte]

O arquipélago de Chonos marcado en azul escuro, o archipíelago de Guaitecas en azul claro e o arquipélago de Chiloé marcado en vermello.

Está conformado por máis de mil illas, grandes e pequenas, separadas do continente polo seu lado oriental polas canles Moraleda e Costa. As máis extensas na parte norte do arquipélago son as illas Chaffers, Ipún, Guamblín, Stokes, Benjamín, Cuptana e Tránsito na parte central as illas James, Melchor e Vitoria e na parte sur as illas, Luz, Clemente, Rivero, Traiguén e Humos entre moitas outras.

Este numeroso conxunto de illas forma varias canles lonxitudinais como son as canles Pérez Norte e Pérez Sur e as canles Errázuriz, Alanta Chaffers e Utarupa. Entre as canles transversais temos as canles Tuamapu, King, Ninualac, Darwin e Pulluche que unen o océano Pacífico coa canle Moraleda.

Administrativamente as súas illas pertencen á Provincia de Aisén da Rexión de Aisén do Xeneral Carlos Ibáñez del Campo. As illas non están permanentemente habitadas, pero no verán son frecuentadas por unha poboación flotante de madereiros e pescadores procedentes do arquipélago de Chiloé.

Desde fai aproximadamente 6.000 anos as súas costas foron habitadas por indíxenas canoeiros, antecesores do pobo chono. A fins do século XVIII este pobo desaparecera.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O arquipélago dos Chonos esténdese desde a parte sur das illas Guaitecas ata a costa norte da península de Taitao, da cal está separado polo canle Pulluche, a boca Wickham e a baía Anna Pink. No seu eixe N-S mide aproximadamente 193 km. cun largo medio de 48 a 64 millas en dirección E-W.

Polo seu lado leste corren as canles Moraleda e Costa que o separan do continente. As illas do seu parte occidental están bañadas polas augas do océano Pacífico.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]