Arquieparquía católica caldea de Arbil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arquieparquía de Arbil
إيبارشية أربيل الكلدانية
Archieparchia Arbilensis Chaldaeorum
Chaldean Catholic Cathedral of Saint Joseph in Ankawa near Erbil, Iraq.jpg
Datos xerais
Erixida7 de marzo de 1968
LocalizaciónIraq
Información
Igrexa particularIgrexa Católica Caldea
Xerarquía
PapaFrancisco
PatriarcaLuís Rafael I Saku
ArcebispoBaxar Uarda

A arquieparquía católica caldea de Arbil (en latín: Archieparchia Arbilensis Chaldaeorum, en árabe: إيبارشية أربيل الكلدانية) é unha sé da Igrexa Católica Caldea, inmediatamente suxeita ao Patriarcado de Babilonia,situada na cidade do Kurdistán iraquí de Arbil. En 2012 contaba con 30.000 bautizados, sendo o seu arcebispo nesta data Baxar Uarda, C.SS.R.

Historia[editar | editar a fonte]

Arbil é a ex-sé metropolitana de Adiabena, que no século XIII perdeu tal consideración en favor de Mosul. O aumento da poboación católica no século XX axudou a restaurar a arquieparquía o 7 de marzo de 1968 por Paulo VI.[1].

Territorio[editar | editar a fonte]

O territorio está subdividido en sete parroquias e ten a súa sede en Ankawa, na periferia de Arbil.[2]

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bēṯ Lapaṭ". Encyclopaedia Iranica IV. 1989. pp. 187–188. 
  2. Synodicon Orientale

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]