Eparquía católica caldea do Cairo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eparquía do Cairo dos caldeos
Eparchia Cahirensis Chaldaeorum
Flickr - Bakar 88 - Cairo, Egypt (8).jpg
Datos xerais
Erixida23 de abril de 1980
LocalizaciónExipto
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

2.000 (0%)
101.655.948
Área1.010.000 km² km2
Información
Igrexa particularIgrexa caldea
IgrexaIgrexa católica
Ritoscaldeo
Xerarquía
PapaFrancisco
PatriarcaLuís Rafael I
Bispo(Sé vacante)
Administrador patriarcalBulus Sati

A eparquía do Cairo dos caldeos (en latín: Eparchia Cahirensis Chaldaeorum) é unha sé da Igrexa católica caldea en Exipto. No ano 2014 tiña arredor de 2.000 fieis bautizados. A sé está vacante dende 2009; dende 2018 o seu administrador patriarcal é Bulus Sati.

Territorio[editar | editar a fonte]

A eparquía estende a súa xurisdición sobre todos os fieis da Igrexa caldea de Exipto. A sé episcopal é a cidade do Cairo, onde está a catedral de Nosa Señora de Fátima.

O territorio está organizado en 3 parroquias.

Historia[editar | editar a fonte]

Os católicos caldeos, presentes especialmente no Cairo e Alexandría, estiveron atendidos pola Igrexa latina ate finais do século XIX, cando en 1890 o patriarca caldeo Elías XIII Abuliunan erixiu unha vigairía patriarcal.[1] En 1896 había censados 200 fieis caldeos, que eran 400 xa en 1914.

A eparquía foi erixida o 23 de abril de 1980.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Meinardus, Otto F.A. (2006). Christians in Egypt: Orthodox, Catholic and Protestant Communities Past and Present [Cristiáns en Exipto: pasado e presente das comunidades ortodoxa, católica e protestante] (en inglés). Oxford University Press. p. 86. ISBN 9789774249730. 
  2. "البطريرك ساكو يُعيِّن الأب بولس ساتي من رهبنة الفادي الاقدس مدبراً بطريركياً على أبرشية مصر الكلدانية" [O patriarca Saku nomea ao pai Bulus Sati da Orde do Santísimo Redentor como administrador patriarcal da diocese caldea de Exipto]. Chaldean Patriarchate of Babylon (saint-adday.com) (en árabe). 30 de agosto de 2018. Consultado o 1/12/2020. 
  3. Lafontaine, Christophe (31 de agosto de 2018). "Le diocèse chaldéen catholique en Egypte a un nouvel évêque" [A diocese católica caldea en Exipto ten un novo bispo]. Terresainte.net (en francés). Consultado o 1/12/2020. Le Patriarche de Babylone des Chaldéens Louis Raphael Sako a nommé le 29 août 2018, le père Paulus Sati, évêque du diocèse d’Egypte. Il succède à Mgr Philippe Najim, administrateur patriarcal du Caire des Chaldéens.