Marian Jaworski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Marian Jaworski
Marian Jaworski.jpg
Cardeal da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento 21 de setembro de 1926 en Lwów, Polonia
Ordes
Ordenación sacerdotal 25 de xuño de 1950, por Eugeniusz Baziak
Consagración episcopal 23 de xuño de 1984, por Franciszek Macharski
Creado cardeal 21 de febreiro de 1998, por Xoán Paulo II
Arcebispo de Lviv dos Latinos
1991 - 2008
Predecesor Eugeniusz Baziak
Sucesor Mieczysław Mokrzycki
Outros
Coat of arms of Marian Jaworski.svg
Escudo de Marian Jaworski
Ficha en catholic-hierarchy.org

Marian Jaworski, nado o 21 de setembro de 1926 en Lwów (Polonia) é un eclesiástico católico latino, arcebispo de Lviv dos Latinos dende 1991 até 2008, e cardeal dende 1998.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marian Jaworski naceu o 21 de agosto de 1926 en Lwów, entón parte da Segunda República de Polonia (hoxe Lviv, Ucraína).[1] Logo rematar a secundaria en 1945, entrou no seminario maior de Lviv, e posteriormente estudou en Kalwaria Zebrzydowska.[1] O 25 de xuño de 1950 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Lviv Eugeniusz Baziak.[1] Doutorouse en 1952 en Teoloxía pola Universidade Iaguelónica de Cracovia,[1] e en 1955 en Filosofía pola Universidade Católica de Lublin.[1]

O 21 de maio de 1984 foi nomeado administrador apostólico de Lviv e bispo titular de Lambaesis.[1] Recibiu a consagración episcopal na catedral de Cracovia o 23 de xuño, de mans do arcebispo de Cracovia Franciszek Macharski.[1] O 16 de xaneiro de 1991 foi nomeado arcebispo de Lviv.

No consistorio do 21 de febreiro de 1998 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal in pectore.[1] No seguinte consistorio, en 2001, o papa revelou o seu nome, co título de cardeal-presbítero de San Sisto.[1]

Retirouse como arcebispo de Lviv o 21 de outubro de 2008.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Arystotelesowska i tomistyczna teoria przyczny sprawczejnatle pojęcia bytu. Tow. Naukowe Kotolickiego Uniwersytetu Lubelskiego. 1958. 
  • Religijne poznanie Boga według Romano Guardiniego. Studium analityczno-krytyczne. Akademia Teologii Katolickiej (Warszawa). 1967. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 1,9 Bräuer, Martin (2014). Handbuch der Kardinäle: 1846-2012 (en alemán). Walter de Gruyter GmbH & Co KG. pp. 589–590. ISBN 9783110269475.