Saltar ao contido

Arquias de Corinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArquias de Corinto
Biografía
NacementoCorinto, Grecia Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata

Arquias de Corinto (en grego antigo Ἀρχίας, latín: Archia) foi o fundador de Siracusa en -734.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era un heráclida, da liña teménida ou baquíada. Como consecuencia da morte de Acteón, de quen estaba profundamente namorado, decidiu marchar de Corinto e consultou o oráculo de Delfos, que lle deu algúns parámetros de onde debía ir. Arquias saíu con Quersícrates, outro cidadán corintio, segundo Estrabón, a quen deixou en Corcira. Asistiu á fundación de Crotona por Miscelo, con quen acudira a consultar o oráculo, e finalmente chegou a Sicilia onde fundou Siracusa. Plutarco, Diodoro de Sicilia, Pausanias e Estevo de Bizancio falan diso[1].

  1. Archias of Corint en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 265

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Plutarco, Moralia, "Cinco tráxicas historias de amor", II