Arnobio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arnobio
Арнобий Старший -Arnobius of Sicca.jpg
Nacemento255
 El Kef
Falecemento327
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónescritor e filósofo
editar datos en Wikidata ]

Arnobio de Sicca, morto contra o ano 330, foi un escritor latino-africano convertido ao cristianismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antes da súa conversión era un coñecido retórico en Sicca Veneria (El Kef, Tunisia). Tras un soño premonitorio converteuse ao cristianismo. Para convencer ao bispo da cidade da súa verdadeira conversión escribiu unha obra apoloxética en sete libros, Adversus Gentes, única obra súa que se conserva.