Juan Goyarán Leiceaga
Aparencia
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 9 de agosto de 1940 Lasarte-Oria | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 15 de xuño de 2017 Lasarte-Oria | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,73 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Juan Goyarán Leiceaga, nado o 9 de agosto de 1940 en Lasarte-Oria (Guipúscoa) é un exfutbolista vasco que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Destacou nas filas do Deportivo Alavés en Segunda División, na tempada 1963/64, esa grande actuación fixo que o Celta de Vigo se fixara nel e o fichara para a tempada seguinte, buscando renovar o equipo de cara a tentar o ascenso á máxima categoría.
No equipo galego non tivo unha gran continuidade, participando 16 encontros e anotando 6 goles, o que o converteu no máximo anotador do equipo xunto aos seus compañeiros Pintos e Téllez. Ao final dese ano o equipo galego volve a reestruturarse e numerosos xogadores deixan o equipo, entre eles Goyarán, que ficha polo CD Badajoz.