José María Varela Rendueles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé María Varela Rendueles
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de decembro de 1986 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil da provincia de Murcia
16 de agosto de 1932 – 13 de setembro de 1933
← Armando Peñamaría Álvarez
Gobernador civil de Biscaia
Gobernador civil da provincia de Sevilla
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Período de actividade - 1936 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José María Varela Rendueles, nado en Madrid en 1904 finado na Coruña o 20 de decembro de 1986,[1] foi un avogado, político e empresario español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi oficial do goberno civil de Biscaia e dende marzo de 1930 do de Pontevedra.[2] Militante de Acción Republicana, durante a Segunda República foi nomeado gobernador civil de Guipúscoa o 30 de decembro de 1931,[3][4][5] o 17 de agosto de 1932 pasou a ser gobernador civil de Murcia.[6] Despois reincorposouse ao seu posto de oficial do goberno civil de Pontevedra. Cando se constituíu a organización de Izquierda Republicana de Pontevedra en maio de 1934, Varela foi nomeado secretario. En novembro de 1934 foi destinado ao goberno civil de Soria.[7] Co triunfo da Fronte Popular, o 22 de febreiro de 1936 foi nomeado gobernador civil de Biscaia,[8][9] e dende o 24 de maio de 1936 foi gobernador de Sevilla.[10][11]

Gobernador en Sevilla[editar | editar a fonte]

Cando se produciu o Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, Varela era o gobernador civil de Sevilla. Despois de que o xeneral Queipo Llano sublevara a gornición a tarde do 18, Varela intentou resistir o golpe no goberno civil xunto a outras autoridades, como o xefe dos gardas de Asalto, o comandante José Loureiro. Tamén intentou, sen éxito, que o xefe da Base aérea de Tablada bombardeara as forzas sublevadas que operaban dous canóns.[12] Rexeitou as peticións do líder do PCE sevillano, Saturnino Barneto, para que entregase armas á poboación e poder resistir así o golpe.[13] Despois de que os sublevados disparasen un canonazo contra o goberno civil, Varela chamou por teléfono a Queipo de Llano e acordou a rendición a cambio de que respectara a súa vida.[14] Logo de ser feito prisioneiro,[15] foi enviado á prisión provincial xunto a outros como o alcalde, Horacio Hermoso, ou o presidente da deputación, José Manuel de Puelles.[16]

Posteriormente foi xulgado en consello de guerra e condenado a morte, aínda que finalmente polos bos oficios do xesuíta Ayala e da condesa de Lebrija,[17] a sentenza foi reducida a 30 anos de prisión.[18]

Memorias[editar | editar a fonte]

Nas súas memorias (Rebelión en Sevilla: memorias de su gobernador rebelde) xustificou os seus actos o 18 de xullo de 1936, día en que se levantou a guarnición de Sevilla ao mando do xeneral Queipo de Llano, alegando que confiaba "na verdade dos demais e na lealdade dos demais”.

«Se se nos dicía: -Acato a República-, -Estou disposto a servir á República-, -Ten a miña palabra de que serei leal á República-. Esa tiña que ser a verdade e non había dúbida... Aínda sabendo como se sabía que había un complot no cuartel, mantívose a confianza no Exército... Con que dereito dubidar da fidelidade da palabra comprometida por algúns homes que cultivan o honor e o sagrado compromiso de cumprilo? Non sería unha tolemia ofensiva, unha provocación culpable, algún indicio de desconfianza?» (...) «Aínda aquela tarde de xullo de 1936, o coronel Mateos e mais eu nos críamos homes de paz, nunha España desexosa dela, leais ás nosas promesas, crendo na existencia do mesmo espírito pacífico nos demais e atribuíndolle idéntica lealdade aos outros cara ao réxime a cuxo servizo, polo nosa libre vontade estabamos».[19]

Obras[editar | editar a fonte]

  • 1982, Rebelión en Sevilla: memorias de su gobernador rebelde. Sevilla: Servizo de Publicacións do Concello. ISBN 9788450079371
  • 1985, Ventana en viaje
  • 1987, El Yo escrito en mi árbol

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Santiago de Compostela con María de la Concepción Plá Varela en xaneiro de 1931.[20]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Premio Ciudad de Sevilla polo libro Rebelión en Sevilla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 21-12-1986, p. 67.
  2. El Pueblo Gallego, 25-3-1930, p. 9.
  3. De Pablos (2005), p. 88
  4. Serrallonga i Urquidi 2007, p. 40
  5. Cucalón 2011, p. 341 (Esta autor faino militante de FRG-ORGA e non de Acción Republicana)
  6. Serrallonga i Urquidi 2007, p. 46
  7. El Pueblo Gallego, 27-11-1934, p. 11.
  8. Serrallonga i Urquidi 2007, p. 52
  9. El Pueblo Gallego, 22-2-1936, p. 1.
  10. Ponce Alberca (1999), p. 663
  11. Serrallonga i Urquidi 2007, p. 26 e 49
  12. Salas, Nicolás (26 de novembro de 2013). "…Y pudieron impedir el 18 de julio de 1936". andaluciainformacion.es (en castelán). Consultado o 21 de novembro de 2022. 
  13. Barrios (1990)
  14. Ortiz Villalba (2006), p. 124
  15. Martínez Bande (2007), p. 279
  16. Salas (1992), p. 432
  17. Serrallonga i Urquidi 2007, p.27
  18. Espinosa (2006), pp. 76-77
  19. Varela Rendueles 1982, pp. 92-94
  20. El Pueblo Gallego, 8-10-1930, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barrios, Manuel (1990). . Castillejo. (1990). El último virrey (Queipo de Llano) (en castelán). Sevilla: Editor J. Rodríguez Castillejo. ISBN 9788487041334. 
  • Cucalón Vela, Diego (2011). Frías Corredor, Carmen; Ledesma, José Luis; Rodrigo, Javier, eds. Reevaluaciones: historias locales y miradas globales: actas del VII Congreso de Historia Local de Aragón (en castelán). Zaragoza: Institución Fernando el Católico. pp. 325–354. ISBN 978-84-9911-128-5. 
  • De Pablos, Mercedes (2005). La Hoz y las Flechas: Un comunista en Falange (en castelán). Madrid: Oberón. ISBN 9788496052932. 
  • Espinosa, Francisco (2006). La justicia de Queipo (en castelán). Barcelona: Editorial Crítica. ISBN 84-8432-691-8. 
  • Martínez Bande, José Manuel (2007). . Madrid: , pág. 279 (2007). Los años críticos: República, conspiración, revolución y alzamiento (en castelán). Madrid: Encuentro. ISBN 9788499207469. 
  • Ortiz Villalba, Juan (2006). Del golpe militar a la Guerra Civil: Sevilla 1936 (en castelán). Sevilla: RD Editores. ISBN 9788493474188. 
  • Ponce Alberca, Julio (1999). Política, Instituciones y Provincias: La Diputación de Sevilla durante la Dictadura de Primo de Rivera y la II República (1923-1936) (en castelán). Sevilla: Diputación de Sevilla. Servicio de Archivo y Publicaciones. ISBN 978-8477981572. 
  • Salas, Nicolás (1992). Sevilla fue la clave: república, alzamiento, Guerra Civil (1931-1939) (en castelán). Sevilla: Editorial Castillejo. ISBN 978-8480580045. 
  • Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7). Consultado o 24 de novembro de 2019. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]