Aristón de Quíos
Nome orixinal | (grc) Αρίστων ο Χίος ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 300 a. C. ![]() Quíos, Grecia ![]() |
Morte | século III a. C. ![]() Atenas, Grecia ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía ![]() |
Ocupación | filósofo , escritor ![]() |
Período de tempo | Período helenístico ![]() |
Período de actividade | (Con vida en: 300 a. C. ![]() |
Movemento | Estoicismo ![]() |
Profesores | Zenón de Citio e Polemo (pt) ![]() ![]() |
Alumnos | Eratóstenes, Dífilo (pt) ![]() ![]() ![]() |
Lingua | Grego antigo ![]() |
Aristón de Quíos (grego antigo : Ἀρίστων ὁ Χῖος) foi un filósofo grego que floreceu arredor do -260 e foi contemporáneo de Epicuro, Aratos de Sición e Antígono II Gónatas . Nado en Quíos, era fillo de Milcíades.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi discípulo de Zenón na escola estoica e aínda que estudou con el, segundo Dióxenes Laercio foi posteriormente á escola de Polemón de Atenas. Puxéronlle o alcume de Falantos. Rexeitou todas as ramas da filosofía excepto a ética. Director do Liceo, dedicouse principalmente a difundir a doutrina aristotélica . Aristón fundou unha pequena escola oposta á de Hérilo, da que Dióxenes Laercio menciona a Dífilo e Milcíades como discípulos. Hai unha versión que di que morreu dun golpe de calor ou dunha insolación porque estaba calvo.
Aseveraba que o propósito da vida era permanecer indiferente entre o vicio e a virtude, sen facer distincións entre ningunha da dúas cousas, porque o sabio sabe actuar en todos os casos.
Dióxenes Laercio dá unha lista completa das súas obras pero menciona que Panecio e Sosícrates consideran estas obras a obra de Aristóteles de Kea, agás as cartas a Cleantes[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Dióxenes Laercio. περὶ βίων, δογμάτων καὶ ἀποφθεγμάτων τῶν ἐν φιλοσοφία εὐδοκιμησάντων (Sobre as vidas, as opinións a as sentencias dos filósofos ilustres) VII, 160-165